Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Vimianzo retoma as obras

Vimianzo obras
Vimianzo retoma as obras
Despois do parón provocado covid-19, volve a obra pública a notarse por Vimianzo. O pintado e repintado da sinalización no chan de todas as rúas do municipio, e a eliminación das barreiras arquitectónicas, son as principais accións que están a desenvolver.

As máis destacables son o arranxo do peche do parque infantil, a sinalización no acceso ao campo de fútbol, na subida a Reboredo, Casais e ao Agro de Trasariz e tamén á limpeza en Treos. Ademais, contemplouse a actuación na rede de sumidoiros en Cabana e Carantoña, así como pequenas intervencións en Castro, na parroquia de Salto.

O concelleiro de Obras do Concello de Vimianzo, Miguel Ángel Pérez, sinalou o ‘bo ritmo adquirido de moitas pequenas intervencións, que aínda que parezan nimiedades, no seu conxunto representan obras moi importantes para todo Vimianzo’, destacou o edil.

Comentarios