Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Visibilizando proxectos emprendedores á beira do Camiño

Xornadas sobre a Riqueza do Camino na Casa de Trillo
Xornadas sobre a Riqueza do Camiño na Casa de Trillo
Visibilizando proxectos emprendedores á beira do Camiño

Unhas 30 persoas (de FECOM, de Solpor, da EFA Fonteboa, ADL, artesás…) participaron este pasado mércores, pasado por auga, nas xornadas A Riqueza do Camiño, que tiñan lugar na Casa de Trillo. Unha xuntanza para visibilizar iniciativas empresariais que nacen arredor do Camiño Fisterra-Muxía, e que terá unha segunda edición en Dumbría en primavera.

A sesión parte do proxecto DUMU (De Dumbría a Muxía, un dos proxectos desenvoltos ao amparo do Xacobeo 2021, que desenvolve o Centro de Formación Rural EFA Fonteboa. Foi precisamente Luís García, directo da EFA Fonteboa, o que explicou o sentir do proxecto DUMU ao Xacobeo, e porque escolleron esta demarcación entre Dumbría e Muxía: por ser un dos máis pobres en tecido empresarial.

Emprendendo no Camino na Casa de Trillo

En representación de Afiprodel falou Rosa Sánchez, anfitrioa ademais na amorosa casa de turismo rural de Santa Mariña. Explicou a colaboración de Afiprodel neste prexecto para detectar iniciativas empresariais emprendedoras na comarca, e anunciou unha nova ferramenta de asesoramento, de consultas para emprendedor@s que están a piques de sacar.

Álvaro Domínguez, emprendendor de 22 anos, de Ponteceso, que xa ten unha marca de marketing online e que, instalado no medio rural, traballa para axudar empresas do medio rural a mellorar as súas ventas.

Falou tamén a técnico de turismo do Concello de Dumbría, Ada González, que explicou o poderoso proxecto Territorio Vakner e as iniciativas que virán, como o irmandamento cunha comunidade francesa na que teñen unha historia semellante, moito máis desenvolta.

O que máis interese suscitou foi a experiencia de Javier e Manolo Miembro, xentes que revolucionaron un lugar, unha aldea como Asiegu, a través da sidra, ata o punto de recibir un premio Príncipe de Asturias, e recibir a visita da familia real. Destacaron como hai que aproveitar a cultura da aldea, moi en relación ca moderna da economía circular, desenvolto a través do sentimento de comunidade. Explicaron as iniciatvas empresariais (de sidra, de queixo, de hostalería, de rutas turísticas…) que naceron arredor desta proposta que tamén nace para concienciar.

Contando a experiencia de Asiegu na Casa de Trillo de Muxia

Foi aí cando xurdiu a posibilidade de establecer un intercambio entre a vila asturiana e a Costa da Morte, que veremos en que se pode convertir.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios