Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Visita de rigor ás obras de conexión coa autovía da Costa da Morte

Visita de rigor ás obras de conexión coa autovía da Costa da Morte
A conselleria de Infraestructuras supervisou as obras de conexión coa AG-55 A conselleria de Infraestructuras supervisou as obras de conexión coa autopista. Imaxe: AGN Moito ruido e poucas noces. Unha vez máis a Xunta mandou á conselleira de Infraestruturas e Vivenda - Ethel Vázquez - a supervisar as obras da autovía Costa da Morte. Durante a súa visita a conselleira indicou que o vindeiro verán entrará en funcionamento este novo servicio; tal e como xa dixera no pasado mes de outubro. Nada se sabe da súa fase da autovía - de Baio a Berdoias - nin dunha rebaixa na peaxe AG-55 cortada en parte polas obras de conexión. Precisamente Ethel Vázquez destacou que estes traballos de conexión "constitúen un fito" e que a autovía Costa da Morte "se atopa executada nun 73%, e nas súas obras xa están estendidos 20 quilómetros da primeira capa de aglomerado". Segundo subliñou, a conexión da nova autovía coa AG-55 é unha actuación para a que é necesario articular desvíos de tráfico que onte se explicaron directamente aos alcaldes dos concellos polos que se desenvolve a autovía. Segundo a conselleira, os viais provisionais que se teñen que construír serán feitos para que logo sirvan de ramais do enlace, "permitindo aforros económicos e aforros de tempo na execución das obras". Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte   A titular de Infraestruturas do Goberno galego supervisou o inicio destes labores acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, e de alcaldes dos concellos polos que discorre esta vía de altas prestacións.    

Comentarios