Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vítor Recarei: “Temos que conseguir un número suficiente de árbitros para pitar todos os encontros dende Carballo ata Muros”

Vítor Recarei: “Temos que conseguir un número suficiente de árbitros para pitar todos os encontros dende Carballo ata Muros”
Vitor Recarei novo delegado arbitral da Costa Falamos con Vítor Recarei, novo delegado arbitral da Costa

Este venres 24, foi presentado o novo Subdelegado de Árbitros na Costa. Unhas 30 persoas, boa parte membros do colectico arbitral costeiro e tamén compañeiros da Coruña e Santiago, deron unha calurosa benvida a Vítor Recarei na sede que a Federación Galega de Fútbol ten en Baio.

Bernardino González, presidente do Comité Galego de Árbitros, Manolo Corredoira, delegado costeiro, e o propio Rafael Louzán, presidente da FGF, presentaron ao novo enlace entre os colexiados e a entidade federativa, todo un seguro de vida ao falarmos un mozo cun talante especial.

Rafael Louzan Vitor Recarei e Bernardino Gonzalez Vítor Recarei, escoltado polo presidente da FGF Rafael Louzán e o presidente do Comité de Árbitros, Bernardino González  
  • QPC: Que obxectivos te marcas como subdelegado?
Curso de Arbitro na Costa da Morte

O obxectivo número un é montar a subdelegación, e que todo o fútbol da Costa, de Carballo a Muros, poida ter pitando nos seus campos árbitros costeiros. Temos de que dotar de corpo esta delegación para cubrir todos eses partidos. O primeiro será reclutar ou animar a aqueles activos que están inactivos dende a Coruña ou Santiago, e incorporar xente nova. Para iso xa estamos armando novas iniciativas de captación, por exemplo, entregando dípticos nas Carreiras Pedestres, ou colgando carteis polos campos informando da nova sede.

En todo caso, a necesidade manda, e o primeiro é facer un curso formativo de captación para novos árbitros. Empezamos a finais de abril, e intentaremos conseguir que para o ano teñamos un número máis grande de colexiados.

Primeiro é traballo de captación, e despois de formación. Nas delegacións que están en marcha temos formación permanente, por exemplo, temos clases todos os luns. Pero agora na Costa, primeiro toca un curso para novos colexiados, e para o ano que vén haberá esa clase de formación permanente na sede de Baio. Pero hai que poñerse xa que os tempos apremian.

 
  • QPC: Porque, cantos colexiados costeiros sodes agora e cantos farían falta para cubrir todos os partidos da bisbarra?

A día de hoxe somos 10-12 árbitros activos na Costa. E necesitamos entre 25 e 30 para cubrir todos os partidos de cada fin de semana.

 
  • QPC: Unha ducia, pero moi unidos e de moito nivel, verdade?

Somos un grupo pequeno, para o bo e para o malo. E si, todos nos coñecemos, case todos os árbitros de categorias superiores levan aos compañeiros de asistentes. A enonomía de escala funciona nese sentido, e na Coruña hai 200 árbitros e é moito máis difícil. A verdade é que o colectivo está moi unido, e creo que se vai manter no tempo. E iso vai axudar que os novos que veñan estean máis arroupados e se sintan cómodos co gran ambiente que temos no colectivo.

E si, a Costa ten un Nivel arbitral moi envexable. Temos un árbitro de 2ªB, Óscar Martínez Santos, de Baio; Bruno Méndez, de Corme, que pita en 3ª División; Marcos Ordóñez, o máis veteranos con xa 15 anos en Preferente, que pasa por ser un dos mellores árbitros deste país; Pablo Rama, que está case chegando a 3ª División; e temos tamén 5-6 árbitros en 1ª Autonómica.

Colectivo arbitral durante a presentacion de Vitor Recarei como delegado arbitral Colectivo arbitral durante a presentacion de Vitor Recarei como delegado arbitral  
  • QPC: E ti, vas seguir pitando?

Este ano, en principio si, pero para a vindeira xa non, por temas de incompatibilidade. E ten unha certa lóxica porque o subdelegado ten que estar pendente das incidencias do colectivo durante as fins de semana. Poero bueno, non me xubilan, non é un adeus, é un ata pronto.

 
  • QPC: Que tal será a relación cos outros membros da delegación costeira, Manolo Corredoira e Javi Trigo?

Espero que sexa unha relación cordial, cunha interrelación fluída e un diálogo permanente. Non aventuro problemas. Louzán sempre di que somos todos partes dunha mesma casa, así que a min me toca defender o traballo dos colexiados, pero sempre dende o respecto mutuo.

 
  • QPC: Cres que a figura do colexiado está ben valorada polos xogadores e directivas dos clubs costeiros?

Eu creo que co paso dos anos o papel do colexiado cada vez é máis respectado. É certo que nos gustaría que fose maior entre o úblico, pero creo que as xentes propias dentro do fútbol costeiro (xogadores, directivas, adestradores…) cada vez teñen un trato máis correcto, entre iguais. Claro que hai casos illados, pero hoxe en día o nivel dos árbitros mellorou e fai que tamén se nos respecte máis.

Xa o di Marcos Ordóñez, que sempre insiste en que o Fútbol da Costa é especial, sobre todo os afeccionados, é un futbol máis paixonal, sempre hai máis xentes nos campos, o cal é un orgullo para todos, e iso se transmite cos colexiados. É todo máis intenso pero estou encantado de que sexa así.

 

Debo confesar que aquel día eu non ía ir. Aquela fin de semana tiña comprometido na casa que marcharíamos de fin de semana. Ao final fixemos por ir a unha casa rural en Cee, e escapeime para a Gala, e nin deixei que viñera a familia porque lles dixera que era para xente do fútbol. Tiña interiorizado porque pensei que llo iamos dar a outro compañeiro, asi que cando saiu o meu nome fli unha sorpresa total. Fixome unha ilusión tremenda, e ese momento quedou marcado. De feito, esa pelota de barro de Buño está presidindo o noso salón.

De todas maneiras… é un título máis falso que Judas, porque a delegación da Costa ten árbitros mellores ca min. Pero bueno, como dis, é ao Árbitro do Ano, non ao Mellor Árbitro, como así nos gusta recoñecer dende o colectivo.

 
  • A petición dos colexiados, este ano vai haber un segundo premio aos colexiados na Gala-QPC, na que ademais vai participar activamente a FGF. Que nos podes avanzar?

Pois xurdiu a idea, hai pouco, que na Gala premian a todo o mundo, pero faltan uns esquecidos, os Delegados. A verdade temos xente desa que fai un traballo que non se ve. E xa se nos viñeron nomes á cabeza como Suso da Torriña, Manolo do Sofán ou Manolo do Dumbría que te trata nos campos coma se fose a túa casa, e dá gusto visitalos. O fútbol sen esa parte non é posible, son xente que lle dedica moitas a cambio de nada, por iso cremos que sería moi bo incluír o Premio ao Mellor Delegado da Costa.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios