Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Volantes de Baño comezou a fase de ascenso cunha ampla goleada ante o Cacheiras

O Eleuterio Balayo vestiuse de gala para o apoiar ao Volantes de Baño na fase de ascenso.
O Eleuterio Balayo vestiuse de gala para o apoiar ao Volantes de Baño na fase de ascenso.
O Volantes de Baño comezou a fase de ascenso cunha ampla goleada ante o Cacheiras

Os bañeses mostraron a súa mellor versión no seu primeiro partido da fase de ascenso a Primeira Galicia para anular ao Cacheiras e lograr unha contudente vitoria nun ateigado e entregado Eleuterio Balayo.

Volantes de Baño FC 5 – 0 SD Cacheiras

Volantes de Baño FC: Marcos, Thiago (Cajulo m.75), Pardelo (Iván m.72), Santi, Godo (Juan do Sivil m.82), Pesco, Berto, Rachón, Jano, Cacho, Pri (Raúl m.78).

Goles: 1-0 m.2: Jano; 2-0 m.10: Berto; 3-0 m.28: Pesco; 4-0 m.74: Pesco; 5-0 m.94: Cacho.

O partido collería cor laranxa moi cedo xa que no minuto 2, Jano adiantaba a un enchufado Volantes de Baño e pouco despois, Berto rubricaba o dominio local cun novo tanto que poñería un favorable 2-0.

Tras isto, os bañeses mostráronse moi ben plantados sobre o terreo de xogo e non darían ningún tipo de fraxilidade defensiva ante un Cacheiras que estivo totalmente anulado polos homes de Sil, os cales poñerían máis terra de por medio cun gol dun Pesco moi participativo.

Na segunda metade, a tónica do encontro non trocaría nin o máis mínimo e o Volantes de Baño contou con varias ocasións ao contragolpe para aumentar a súa renda, pero só Pesco e Cacho serían quenes de ver portería para poñer o definitivo 5-0 no luminoso, resultado que deixaba en clarividencia o sucedido nun Eleuterio Balayo que se vestiu de gala para a ocasión.

Comentarios