Venres. 19.04.2024
El tiempo

Volei Dumbría: As portas do ascenso tras unha histórica Fase

Fase de Ascenso a SV no COnco- Voleibol Dumbria_Emeve 1
Imaxe do Conco cheo no choque do Volei Dumbría co Emeve
Volei Dumbría: As portas do ascenso tras unha histórica Fase

Non puido ser. O soño do ascenso do Volei Dumbría á máxima categoría do volei estatal quedou truncado nunha fermosa e histórica fase de ascenso. Un feito que non exime do incrible traballo desta promoción de rapaces da comarca, apoiados por auténticos cracks de nivel internacional, que levan a unha vila como Dumbría a competir cos mellores do estado.

Como o Emevé Lugo, un dos grandes do volei galego, que volve á SuperLiga, xunto co Almoradí, tras unha vibrante e “histórica” (como define a propia Federación Galega) fase de Ascenso celebrada no Conco. Só o feito de ter escollido Dumbría para esta Fase (por diante de cidades como Lugo, Alacante ou Castellón) xa era toda unha demostración de que a Costa da Morte xa é referente na materia. E a resposta da afección costeira, enchendo os 3 días o pavillón do Conco, deixou patente que o volei chegou para quedarse.

Fase de Ascenso a SV no COnco-Voleibol Almoradi - Voleibol Dumbria 2

O venres arrincaba a Fase coa vitoria do Almoradí sobre o Castellón por 3-0. O prato forte chegaba ás 20:00h, co debut dos de Luís Fernández no derbi ante o Emevé. Os locais adiantábanse 25-23, e con 25-21 parecía que a cousa ía caer do lado costeiro. Pero un eterno terceiro set caía do lado lucense cun apretadísimo 27-29. O cuarto volvía ser para os visitantes por 23-25, e no tie break, os lucenses quedaban co partido, grazas á súa maior experiencia, por 9-15.

O sábado tampouco tivo sorte o cadro costeiro. Tras ir perdendo 0-2, o traballdo dos Néstor González e Daniel Muñoz conseguía poñer a igualada, pero de novo o tie break caída do lado rival por 19-21.

De pouco valeu a vitoria, máis que para agradecer o apoio da afección, do domingo ante o Mediterráneo Castellón por 3-1 (25-17/25-21/16-25/27-25), quedando fóra do ascenso a pesar do triple empate.

Familia do Volei Dumbria na Fase de Ascenso a Superliga

Fase de Ascenso a SV no COnco- Voleibol Dumbria_Emeve 2Fase de Ascenso a SV no COnco-Voleibol Almoradi - Voleibol DumbriaFase de Ascenso a SV no COnco- Voleibol Dumbria_Emeve

Novas relacionadas

 

Comentarios