Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Volei Dumbría xa comanda a SM2

Dani Munoz na vitoria do Volei Dumbria ante o Caceres no Conco
Dani Muñoz foi clave na vitoria do Volei Dumbría ante o Cáceres no Conco
O Volei Dumbría xa comanda a SM2

Comezou a nova campaña para o Volei Dumbría. Faino de novo na SuperLiga Masculina 2, a segunda división do volei estatal, trala polémica decisión da Federación Española, pero faino coa máxima ilusión e a intención de acadar o ascenso á SuperLiga.

Así o demostraron as dúas primeiras vitorias, que o colocan xa de líder a pesar de ter adiado o partido da primeira xornada. Se o choque da primeira xornada foi aprazado, o cllub dumbriés venceu os dous primeiros partidos pola vía rápida: 0-3 ao San Roque Batán e 3-0 ante Asociación Deportiva Cáceres Licenciados Reunidos Voleibol, cunha gran versión de Néstor.
Uns partidos, os do Conco, aos que só poden acceder os socios e tras reservar a súa entrada previamente, pero que se poden ver en directo por streaming a través da páxina de FB do club.

Carlos Mosquera no Conco co Volei Dumbria ante o Caceres
Carlos Mosquera no seu debut no Conco

Se ben hai varios equipos que se reforzaron moito, o cadro dumbriés segue partido no grupo de favoritos. O equipo só tivo a baixa de Unai Larrañaga, que fichou polo Voley Textil Santanderina da SM, e incorporou a Carlos Mosquera, procedente do Sporting Club Spinho da SuperLiga Portuguesa, e a Christopher Rodríguez, procedente Club Voleibol Bruxas. O club segue confiando en moitos deses rapaces da canteira que formaron o equipo en 2014 e que levaron o equipo ata aquí, como David Redonda, Manuel Marcote, Javi Domínguez “Pana” ou Javi Castro, entre outros. Ademais Xaco Lago, o "avó", tras anos adestrando, volve estar con ficha ás ordes de Luís Alberto Fernández.

Volei Dumbria no seu primeiro partido desta singular temporada

Novas relacionadas

Comentarios