Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os voluntari@s tamén limparán o fondo do porto de Camariñas

A foto sicodélica é un anaco grande lona plástica soterrada no fondo das auga de Camarinas
A foto psicodélica é un anaco grande lona plástica soterrada no fondo das auga de Camariñas
Os voluntari@s tamén limparán o fondo do porto de Camariñas

Ademais da limpeza da praia de Laxe deste sábado, como consecuencia da Declaración de Camariñas, os brav@s voluntari@s e veciñ@s terán outra cita importante.

O vindeiro domingo día 27 do outubro, veciñ@s de Camariñas e Mar de Fábula van poñer pé nas pequenas praias que afloran no porto de Camariñas coas mareas vivas, para facer un traballo de limpeza, aproveitando a marea baixa da primeira hora da mañá.

”O obxectivo é apurar, máis ou menos unha hora que nos deixará o mar, para apañar a man toda unha sorte de lixo plástico que aboia na superficie e que tamén está soterrado na lama do fondo, contaminando as augas ademáis de producir, visualmente, un efecto desagradable”, explica Xosé Manuel Barros.

A cita, que conta coa autorización de Portos e co apoio do Concello, será o domingo 27 outubro, ás 10.00 horas, no centro do paseo marítimo.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios