Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O voluntariado de Abellariza limpa Balarés

Limpeza praias Abellariza en Ponteceso
O voluntariado de Abellariza limpa Balarés

O domingo día 16 de Xuño a Agrupación Deportiva Abellariza levará a cabo coa colaboración do Concello de Ponteceso unha limpeza na contorna da praia de Balarés. A finalidade é limpar a zona e intentar concienciar a todo o mundo de coidar o medio ambiente, non deberían ser necesarias este tipo de actuacións si fósemos conscientes de que sen natureza non hai futuro. Finalmente realizarase unha distribución selectiva do recolleito e depositarase nos contenedores oportunos.

A limpeza comezará ás 10:00 h. e será realizada pola directiva da Agrupación e polas voluntarias e voluntarios que desexen achegarse a Balarés. O mesmo día pero ás 16:30 h. levarase a cabo un adestramento de natación en augas abertas, nel poderán participar todas e todos os inscritos en calquera proba do Circuíto Travesía Costa Abanca by Duacode, e/ou calquera persoa que se anime a facelo, só teñen que presentarse na praia de Balarés ás 16:30 h. provistos de neopreno e aboiar de seguridade.

Comentarios