Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os voluntarios de Abellariza limparon o piñeiral e o areal de Balarés

Limpeza da praia de Balares con Abellariza 2
Os voluntarios de Abellariza limparon o piñeiral e o areal de Balarés

Gran mañá de domingo a que protagonizaron os bravos voluntarios da A.D. Abellariza de Ponteceso. Unha ducia de loitadores contra o lixo achegáronse a Balarés para realiazr unha doble xornada de limpeza de refugallos. Pola mañá peitearon o piñeiral, un dos lugares máis ateigados durante o verán, e pola tarde pasaron a “mopa” polo areal.

Recolleron gran cantidade de plásticos, e iso que había apenas un par de semanas, durante a Abellariza 6K, xa fixeran unha boa batida.Pequenos tampois de plastico atopados

Entre as cousas máis curiosas atoparon centos de pequenas pastillas de plástico de cor amarelo, así como milleiros de tapóns de plástico, que xa foron identificados en Camelle hai máis de 3 meses como “porta-lentillas”, que caerían dalgún container que pasaba polo Corredor. Foron máis de 100 os "porta-lentillas" recollidos, así como os bastonciños das orellas, outros dos refugallos máis habituais...

Voluntariado??

Sen dúbida, alegrámonos destas iniciativas da sociedade civil, dende logo, pero tamén lamentamos que os Concellos ou outras administracións non destinen investimentos para estas, absolutamente necesarias accións, cando menos, durante o verán.

Limpeza da praia de Balares con Abellariza

Novas relacionadas

Comentarios