Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vótame en Laxe

Vótame en Laxe

Este domingo vótase en Laxe e quixera facer un aviso a navegantes, pois moitos imos a fonte descoñecendo o grado de contaminación da auga que bebemos.

Mentres que a revolución non consigue o aval lexislativo non queda outra que aterse as normas actuais e elexir entre o que se presenta. E sobre esta realidade quixera facer unhas consideracións persoais que atañen ao pobo de Laxe.

O actual alcalde, faltando novamente a súa palabra, preséntase outro ano. Fai anos representou, para min e para moitos, o cambio e o fin do caciquismo gobernante coa súa encoraxinada loita. A través dunha mirada melancólica postrada nun horizonte ao que quería avanzar loitando pola democracia e a xustiza acercouse a moitos esa cara bonachona que a postre acabaou fixando a vista en aquelo no que odiaba.

Dende a distancia leo propostas dun centro de día, unha gardería, o proxecto do porto … e intuitivamente reviso a data desa entrevista, o ano no que foron promulgadas esas palabras … ten moito que ofrecer aos veciños, según di, pero a Xunta o ten cruzado. Moitas palabras escudando a inoperancia das obras.

Dende fai moito tempo a paciente xente de Laxe emigra para encontrar saidas as deficiencias locais, podes encontrar xente na piscina de Cabana, coches deambulando ata a gardería e outros aprobeitando o centro de día que é real neste veciño municipio. Dende anos faise a ruta cos pequenos que queren xogar ao fútbol cara Baio, Cabana ou Ponteceso, pero agora xa temos un campo de fútbol, que se ben é propiedade privada doutros, polo momento é unha realidade pola que se esperou 9 anos, nos que foi continuando a maioría dos votos recibidos. Non se pode dicir que a xente de Laxe non sexa paciente e por ende non se pode decir que non se poda contar con ela.

Non compre dicir todo o que non fixo, tamén o que se fixo. Xeráronse e protexéronse espacios naturais con acerto e boas intencións e creouse unha rede de traballadores na época do vran, co cal se asentou a base de protección medioambiental para ser un lugar turístico de gran beleza natural, o cal é digno de importancia, e non só por aqueles que veñen visitarnos e compartir a nosa fermosa vila, senon tamén como orgullo do pobo.

Arredor destas obras evolucionan as súas ideas cara o turismo e aquí onde o plan perde a beleza que quere vendernos, pois ser obxeto de visita está ben, pero soese dar máis cariño aos fillos que aos visitantes, digo eu. Por moitos anos estaremos endeudados por un museo do mar que non sei que necesidade solventará. Solvencia é a que non ve ningún banco no municipio que como outras empresas nos sitúa na lista negra. A cantidade gastada neste local é desorbitada, antoxos dunha mirada perdida que non atopa a luz do faro. Cos créditos cerrados e empresas sen cobrar subirse o sueldo non soa moi ético.

Vanaglóriase nestes anos dun plan urbanístico co que se obsesiona como redentor das millonarias deudas, un plan no que o pobo non conta para nada. Si así fóra por lóxica e por lei a publicación e exposición pública do proxecto buscaría informar aos cidadáns, a que se consultase de forma maioritaria e animaríase a participación na súa creación. Por contra o oscurantismo reinou nun proxecto que foi celosamente gardado das miradas alleas, que durante anos foi rexeitado continuamente, será pois de creer que se conta con numerosos enemigos de diferentes partidos na Xunta. Afortunadamente algún abogado leu o proxecto por casualidade e poido asi realizar as debidas denuncias que obrigaron a cambios en ideas indecentes e caciquiles.

Vanaglóriase de traer a democracia ao pobo, discurso de dictadura, pois ninguén trae a democracia, so un pobo a pode traer, só unha masa acada o cambio unido contra un cacique, como era o caso, a persoa só é un instrumento do que se serve para confiar un desexo xeralizado. Que pena ter no garaxe tantas motos sen días de sol para sair de paseo polo vontade de tantos deuses gobernantes que se asentan no olimpo.

Vanaglóriase de que con él se pode falar, de que recibe a xente, e eu creo que é deber; outra cousa é que te escoiten. A primeira vez saes pensando que é un bo alcalde será xusto e fará por axudar … a terceira xa comezas a incomodarte co repetido sí, sí, sí acompañado da percusión das pelotas golpeando no teito.

Non podo confiar nos políticos e en ningún partido, é a miña experiencia e a realidade que vexo, pois o poder ostentano sen necesidade da opinión dos veciños que só importan nestes días. O pedestal só debe servir para as columnas.

Dende vai moitos anos, moitas persoas válidas, con coñecementos e paixón por facer cousas son obxeto do desinterés que redunda en que todos acaben capitulando. Fai falta alguén que traballe por e para o pobo, alguén que mais que percibir os sons, os sinta e escoite. A paciencia ten un límite e a área comeza a comer parte da vila.

A evolución deste goberno que tivemos exemplifícase na metáfora da nosa radio local … temos unha radio dende hai anos na que se gastou unha morea de cartos, un digno local no que a música non soa, no que a palabra só se trasmite como eco dunhas paredes ocultas por unha porta que ficou pechada ...

¿Bailamos?

  • Xabier García (xabiergl[arroba]quepasanacosta.gal).

Rolling polas dunas

Fonte

Comentarios