Martes. 16.04.2024
El tiempo

Xa hai máis de 50 inscritos para viaxar á Idade de Ferro en Vimianzo

Xa hai máis de 50 inscritos para viaxar á Idade de Ferro en Vimianzo
Xornadas Castrexas de Vimianzo

Xa están en marcha as Xornadas Castrexas do Concello de Vimianzo, no que colaboran activamente o Seminario de Estudos Comarcais SEMESCOM así como A.X. Cherinkas. Estes 28, 29 e 30 de setembro 18 arqueólogos de primeiro orde do país realizarán un achegamento ao mundo dos castros da Costa da Morte na capital soneirá.

E xa hai máis de 50 inscritos, mágoa que a meirande parte son de fóra da bisbarra, dando conta da relevancia destas Xornadas en todo o país.
O coordinador é Tito Concheiro, o encargado do Programa de Difusión Social do Castro das Barreiras, pero tamén estarán presentes nomes como Xurxo Ayán, Víctor Bejaga, María Martín Seijo, Ramón Boga, João Fonte ou Gonçalo Cruz.

Programa

Será o propio Concheiro o que abra as Xornadas falando do Castro de Barreiras. E trataranse temas como a "Fisterra Castrexa", a pasaixe e os recursos naturais e forestais, como eran os poboados realmente e como se construían, así como a minería e os metais. Todo no marco da Idade de Ferro.

Programa das Xornadas Castrexas de Vimianzo - Pincha na imaxe para ampliar

Inscrición

A inscrición é de balde e a poden facer no Concello de Vimianzo ou no 981 716 001.
Ademais o CEFORE vén de aceptar a certificación de 15 horas de formación para os profesores da zona.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios