Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xaco, alma do UD Monte Louro: “Non podemos deixar que isto morra. Os pueblos sen fútbol perden vida“

Xaco, alma do UD Monte Louro: “Non podemos deixar que isto morra. Os pueblos sen fútbol perden vida“

Comezamos esta nova semana de #DirectosQPC, e facémolo falando de #FútboldaCosta. E como parece a actualidade freou lixeiramente, hoxe facemos unha parada máis relaxada para darlle vos á eses membros das Directivas que dende a sombra, fan que todo funcione. Imos ata Louro, para falar con Xaco Barreiros, unha das almas da UD Monte Louro.

A pesar de ser un home bastante novo leva toda unha vida vinculada á Agra da Filgueira, o equipo “ascensor” por excelencia. Ese club tranquilo, con xente da casa, ás veces “falto de ambición para medrar”. Se o ano que vén estará na 2ª, a perigosa situación da 3ª tamén lles preocupa, e lembra aquela creación dos dous grupos da 1ª Galicia na provincia como un dos grandes problemas a nivel competicional.

Falou precisamente da posible volta do SDC Lariño, equipo co ademais o club loureán ten unha vinculación moi especial, segundo nos contou.

Recoñeceu a pouca posibilidade de crear equipos de base. “Somos un pobo de 900 habitantes, e a emigración fixo que moita xente marchara é incluso para o equipo de maiores temos problemas para xuntar xente”.

Precisamente unha das cousas máis singulares que destacou foi a relación coa diáspora. “Temos xente nas Canarias, en EEUU, Inglaterra… que sempre están moi pendentes do que facemos, pedindo a nova camiseta, o novo chándal, pagando o seu carnet de socio, felicitando polos resultados, ata patrocinadores…” “Non podemos deixar que esto morra, porque o os pueblos sen fútbol perden vida”, facendo referencia ao factor social que sempre destacamos do Fútbol costeiro, como fan outros grupos culturais como Ximiela, levando o nome de Louro polo mundo. “Ver o nome de Louro na prensa énchenos o peito”.

”Cada vez que vou a campo e vexo un rapaz adestrando, xogando… son feliz”, asegura explicando a súa dedicación a un club que conta cunha ducia de directiv@s (toda unha cifra)

40 anos

O club celebra a vindeira temporada o 40º aniversario, e espera facer unha boa serie de actos. Ademais, a nivel deportivo espera que Juan Porrúa acepte a continuidade, e que o Canelo traia 4 ou 5 fichaxes bos para reforzar o equipo na Costa da Morte.

DirectosQPC sobre #FutboldaCosta

Comentarios