Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xacobo de Toro, 5º mellor docente de Secundaria de España: “É necesario reducir o ratio de alumnado por aula”

Xacobo de Toro, 5º mellor docente de Secundaria de España: “É necesario reducir o ratio de alumnado por aula”
Xacobo de Toro nunha das suas clases de ciencia no IES Urbano Lugris Xacobo de Toro nunha das súas clases de ciencia no IES Urbano Lugrís... en pleno entroido Volveuno facer. Como fixera o pasado mes de febreiro, Xacobo de Toro Cacharrón queda entre os 5 mellores docentes de Secundaria do ano 2018 en toda España. Así o ratificaban onte no marco dos Premios EDUCA ABanca, nos que o mestre de ciencia do IES Urbano Lugrís de Malpica sumaba 105 puntos, quedandó só por detrás doutros catro mestres de toda a península. Xacobo destaca pola utilización de novas ferramentas tecnolóxicas para a implicar ao seu alumnado, e ten convertido Bergantiños na capital da docencia en ciencia gracias á iniciativas como o canle de youtube Xeoclip. Toda unha sorte e un orgullo contar cun mestre así na nosa comarca. A Gala de entrega Premios EDUCA ABANCA. Mellor Docente de España 2018 terá lugar o sábado 23 de febreiro ás 20:00 horas no Auditorio de ABANCA de Santiago de Compostela. Xacobo de Toro nos Premios Educa 2018

”Vou a clase a pasalo xenial cos meus alumnos”

XACOBO de toro CAcharron profe de ciencia en Malpica “Que o pasen ben ca ciencia” contábanos o ano pasado como lei motiv da súa entrega. “Vou a clase coa idea de pasalo xenial cos meus alumnos aprendendo xuntos de xeito participativo. Uso todo o que está ao noso alcance para o proceso. Por suposto, moitas prácticas de laboratorio e club de ciencias, o traballo por proxectos, cooperativo con dispositivos móbiles con apps educativas, maquetas e modelos científicos que elabora o alumnado en grupo, apuntes que imos revisando e completando en tempo real na nube con Drive, xogos dinámicos, vídeos interactivos ou de realidade virtual que traballamos no aula ou facendo aula investida usando Edpuzzle”, explíca. Sobre a clave para ter este recoñecemento, Xacobo pensa ”que outro dos motivos é a miña idea de romper as barreiras físicas do aula. Ademais do blog de aula, manteño unha canle de YouTube desde fai máis de dez anos no que explico contidos científicos en galego que axuda a moita xente: alumnado propio ou de calquera parte do mundo que entran en busca de axuda, outros docentes que buscan recursos para a súa aula ou persoas interesadas en ciencia.”

Melloras no Sistema eduativo

Xacobo ten claro como deberían actuar o goberno: “O sistema educativo require dunha lei educativa pensada para durar anos e que ten que ser consensuada por todos. Non podemos ter este baile de leis que desconcerta e causa malestar a toda a comunidade educativa e, nin moito menos, impoñer unha lei como a vigente que se impuxo sen atender aos axentes implicados. O docente e o seu alumnado teñen que sentirse valorados e dotados de medios para poder crear a mellor contorna de aprendizaxe posible. Isto tradúcese nunha maior dotación económica dedicada a educación nos Orzamentos Xerais do Estado, pero, sobre todo, unhas ratios de alumnado na aula que permitan facer o seguimiento de calidade aos mesmos e que poida atender realmente ás necesidades específicas e de diversidad funcional”, explica. Xacobo considera tamén fundamental a formación continua do profesorado. “Deberíase, ademais, facilitar máis a colaboración entre profesores, en aras de mellóraa e difusión de boas prácticas. É clave tamén fomentar que o profesor presente en xornadas e congresos as súas dinámicas de aula e resultados”. Ademais, considera que “habería que trazar máis estratexias nas que participe toda a comunidade educativa e a sociedade en xeral para unha implicación real de todos na educación do alumnado”. Xacobo de Toro Cacharron cos seus alumnos do IES Urbano Lugris Xacobo de Toro Cacharrón cos seus moitos alumnos do IES Urbano Lugris

Charla este sábado

Este sábado estará no Museo Nacionat de Ciencia y Tecnología da Coruña (MUNCYT), no marco dos Encontros EDAULABLOG. Farao cunha charla sobre a expedición Balmis e Isabel Zendal, un fito sanitario que partiu da Coruña a principios do século XIX para levar a vacina da viruela a America.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/un-mestre-da-costa-da-morte-entre-os-5-mellores-docentes-de-espana/

Fonte

Comentarios