Martes. 23.04.2024
El tiempo

Xacobo de Toro, un dos premios Youtubeir@s

Premiados nos Youtubeiros 2019
Xacobo de Toro, segundo pola esquerda, entre os Premiados nos Youtubeir@s 2019
Xacobo de Toro, un dos premios Youtubeir@s

Segue recompilando recoñecemento o mestre do IES malpicán Xacobo de Toro. Só este 2019 xa foi nomeado Biólogo do Ano e 5º mellor docente de Secundaria de España. E súmalle agora o premio Youtubeir@s na categoría Vídeo-Opinarmos, por este ‘Como se forma un cantil. O exemplo de Santa Mariña de Augas Santas (Praia das Catedrais)’.

Esta a terceira edición desta iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña. A gala, dirixida por Patricia de Lorenzo, celebrouse en Santiago.

Ademais do premio costeiro, no apartado de Vídeo-Facermos, o vídeo gañador foi ‘O radón: malos modais para un gas nobre’, de Aarón Vilariño. A distinción de Mellor Vídeo-Cantarmos, a gran novidade deste ano, foi para o vídeo ‘O queimaserebros’, de Blanca e Tinta. No caso da Mellor Canle, foi merecente do galardón Aquel-e.


Aquel-e levou  premio a Mellor Canle de Youtube nos YoutubeirosAquel-e levou  premio a Mellor Canle de Youtube nos Youtubeiros
Aquel-e levou  premio a Mellor Canle nos Youtubeir@s

O xurado, formado por Tomás Lijó, Nel Vidal, Inés Salvado, Johana Paradelo e Brais Nogueira, concedeulle o Premio á Creatividade á Canle: Cativos na Cociña, de Siradella Films; mentres que o Premio á Eficencia Comunicativa o levou Rosalía Ft. Rosalía-Malaxente (MJ Cover), de MJ Pérez. O vídeo Os Novos- 'Quero Fugir', de Aaron Vilariño acadou o Premio á Calidade Técnica e 21 días improvisando, de A Rabela, fíxose co Premio á Calidade Lingüística. Por último o galardón da #propostayoutubeira recoñeceu a Flow de Toxo.

Novas relacionadas

Comentarios