Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xallas CF vs SD Sofán: a gran final está servida

Xallas CF vs SD Sofán: a gran final está servida
Xa non queda nada. O domingo a partir das 17.00 horas no Platas Reinoso dirimirase o título da Copa da Costa 2018, coas cámaras de televisión presentes e diante de a bo seguro unha masa de espectadores que presenciarán un gran espectáculo. A loita empeza domingo ás 5 Nunha das edicións máis polémicas dos últimos anos, con múltiples debates enriba da mesa, veremos a final que todos anunciaban como probable o día do sorteo, pero que para os dous contendentes o camiño non foi precisamente de rosas. Tiveron eliminatorias duras e difíciles, o que da visión do bo nivel que hai no fútbol costeiro, sexa cal sexa a categoría. Os resultados ligueiros, vitoria dos equipos que actuaban como locais por 2-1, en ambas ocasións no último minuto, augura unha final igualada, pero nestas citas nunca se sabe. O equipo que domine mellor os nervios, que non conceda erros ó rival, pode que sexa o que se leve o gato á auga. Antes da final falamos con ambos adestradores, Néstor e Iván Cancela, que están desexosos de que o balón comencé a rodar: QPC - Como analizas o camiño do teu equipo ata a final de domingo? NESTOR: Bueno, foi un camiño difícil, xa que o longo do mes de maio tivemos que xogar tanto liga coma copa, cunha plantilla curta e acumulando moitísimos minutos os xogadores, e o cansancio foi o noso maior handicap, co cal tivemos que controlar moito as cargas de traballo, xa que os rivais estaban moito mais frescos que nos. IVAN: Foi un camiño duro. Enfrotámonos a dous dos mellores equipos da liga da costa: Baíñas e Corme e dous dos de primeira: Fisterra e Soneira. Ningunha eliminatoria foi fácil. Pero xa se sabe de antemán que nesta copa as forzas se igualan moito. Fomos moi regulares e conseguimos chegar ata aquí. O Xallas unha vez máis está na final copeira QPC - Como chega o teu equipo á final? NESTOR: Creo que, unha vez conseguido o obxectivo na liga o equipo baixou un pouco a tensión, iso notouse, e cambialo non e fácil, pero o domingo pasado en Esteiro volvín a ver o equipo competitivo que fomos meses atrás, e que nos fixo ser un duro rival IVAN: Con moita ilusiòn. Sabemos que as forzas físicas e psicolòxicas, despois de unha tempada nunha categoría moi difícil, van a menos. Pero o equipo vai a sacar forzas para que a familia do Sofán se sinta orgulloso de nòs. Queremos regalarlle algo bonito a toda esta xente que está traballando de maneira moi sobresaínte e que nunca abandonan o equipo, que te fan sentir nunha familia. Sabemos que a nosa xente vai a ser o xogador número 12 e que vai arrouparnos. Temos que ter as ideas moi claras e xogar con moito rigor táctico para poder saír airosos deste choque. Serían un broche de ouro a esta gran tempada, donde tiven o placer se adestrar a un grupo excepcional. QPC - Que rival esperas atoparte? NESTOR: Espero un rival complicado, somos equipos semellantes, cunha boa organización tanto defensiva como ofensiva e con xogadores desequilibrantes, e un rival difícil IVAN: O Xallas é un gran equipo. Moi compensado e rocoso. Teñen as ideas moi claras e un patròn de xogo moi definido. Temos que saber contrarrestalos e facerlle dano coas nosas armas, buscando os seus puntos débiles. Ter claro que calquera pequeno detalle pode ser moi importante e incluso definitivo. A maioría dos seus xogadores teñen experiencia nestes partidos e esto pode xogar ò seu favor. Pero vamos a intentar poñerlle as cousas moi difíciles. QPC - A Copa da Costa é diferente. Que sensacións che transmite este torneo? NESTOR: Levo 4 anos no futbol da costa, e o principio non entendía o valor que lle daba a xente a copa, xa que noutros lugares os equipos queren borrarse da copa canto antes, en cambio aquí non. Co tempo vexo que a copa da costa e especial, tódolos equipos a aprecian e a valoran, e xogue quen xogue a final os afeccionados acuden en masa. E unha experiencia moi bonita de vivir para os que queremos o futbol, tiven moita sorte vivir as sensacións que transmite este torneo así coma o fútbol da costa IVAN: Para min a copa da costa é o torneo, a nivel afeccionado, con máis solera de Galicia. Temos a sorte de poder desfrutala. Para un xogador, adestrador, árbitro ou club e da costa, creo que é o partido no que nos queremos ver todos. A masa social que move este torneo e algo increíble. Personalmente, esta final é especial por enfrontarme ò meu ex equipo, do que tan vos recordos gardo e tanto aprecio. Foron anos moi vos e con moitos éxitos deportivos, con un grupo envidiable. Foi o equipo, da man de Pedro Fernández e a súa directiva, que me deu a primeira oportunidade e eso nunca se esquece. A maior anécdota para min neste torneo é que con Doro gañei a copa xogando xuntos, despois como seu adestrador e ahora resulta que me enfronto contra él. Que Deus reparta sorte!

Comentarios