Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xela Arias: poesía e tradución para o maio da Galería Mulleres de Muxía

Xela Arias: poesía e tradución para o maio da Galería Mulleres de Muxía

Xela Arias (Lugo 1962 - Vigo 2003), é a protagonista deste mes de maio da Galería Mulleres, que promove o Departamento de Cultura do Concello de Muxía.

Esta poeta, tradutora e profesional no ámbito editorial, vencellada á Editoria Xerais desde o nacemento da editorial en 1979, é pioneira na tradución ao galego, labor polo que recibe diversos recoñecementos, como a Medalha do Premio de Traduçao Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución, ou o Premio Plácido Castro, que recibiu a título póstumo. En 1996 licénciase en Filoloxía Hispánica, exercendo a docencia nos seus últimos anos.

Xela foi calificada pola crítica como rupturista, transgresora, valente e ousada. A súa personalidade poética adiántase ao seu tempo.

O poemario Intempériome foi editado o mesmo ano da súa morte.

Máis información

  • Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar: Intempériome (Espiral Maior, 2003).
  • Biblioteca Virtual Galega: Xela Arias.

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios