Imprimir

Xelucho Abella publica, por fin, o seu libro sobre os mitos da Costa da Morte

que pasa na costa | 10 de setembro de 2019

O novo libro do malpicán Xelucho Abella
O novo libro do malpicán Xelucho Abella
Xosé Antonio Andrade presenta o seu libro no marco da Festa da Pataca

A editoria Toxosoutos vén de publicar un libro que Xelucho Abella tiña gardado dende hai anos. “Xeantropoloxía mítica da Costa da Morte (zona norte). Raíces Cristiás e precristiás da relixiosidade popular”, “é un traballo de centos de horas e ducias de entrevistas, paseos e de viaxes a Arquivos que os antropólogos sociais e do territorio van agradecer, xa que afonda en temas e ideas coñecidas e algúns que outros datos innovadores”, como el mesmo expresa.

Máis de 300 páxinas de historias, lendas e mitos, máis en clave filosófica-científica que divulgativa. Accesible a todos os públicas, repasa contos como o das cidades asolagadas de Bragunde, en Lendo; de Valverde, na praia da Ermida de Corme; de Galilea, nos Baixos de Valdaio; ou do monte da Eiroa, en Bértoa.

Presentación de Xosé Antonio Andrade

O escritor e pintor de Coristanco, Xose Antonio Andrade fai unha nova presentación do seu libro “Nas cortinas do tempo”, na casa, en Coristanco, o sábado 14 de setembro ás 17:30h na carpa da exposición da fotografía da Festa da Pataca.

Nas cortinas do tempo

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/malpica/xelucho-abella-publica-fin-seu-libro-mitos-da-costa-da-morte/20190909225459112860.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA