Venres. 19.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

XII Festival ‘Teatrapa’ de Laxe

Tamén terá lugar o VII Roteiro Teatral e Musical do Concello de Laxe.

25/maio/2019
12:00 h
Cartel XII TEATRAPA e VII ROTEIRO Laxe 2019
XII Festival ‘Teatrapa’ de Laxe

 A última fin de semana de maio estará marcada pola celebración do XII Festival ‘Teatrapa’, un festival de teatro escolar que alcanza este ano a décimo segunda edición. Tamén terá lugar a sétima edición do roteiro teatral e musical do Concello de Laxe. 

Ambas actividades están organizadas polo departamento de Cultura do Concello laxense, en colaboración coas Asociacións Municipais Folerpas Teatro, Asociación de Amigos da Coral Polifónica Municipal, Escola Municipal de Música, Grupo de Gaitas Maruxía e Pandereteiras Andora. 

Participarán nesta xornada cultural máis de 200 actores e actrices de cinco escolas chegados desde distintos puntos da xeografía galega: Laxe, Santiago de Compostela, Palas de Rei, Touro e A Estrada. 

Ás 12:00 horas do sábado, no Salón de Actos Municipal de Laxe, a Escola Municipal de Teatro de Laxe, o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, a Aula de Teatro do CPI de Touro, a Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada, “Avelaíña Teatro” e a Aula de Teatro do IES Antonio Fraguas porán en escena o espectáculo ‘Vogando nos contos’. 

Ás 17:00 horas terá lugar o roteiro teatral e musical polas rúas do Concello de Laxe, protagonizado polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Teatro de Laxe, en compañía da veciñanza. O obxectivo que persigue este roteiro é o de achegar diferentes xéneros teatrais á poboación, a interrelación entre persoas de diferentes idades e localidades, o achegamento do alumnado ao mundo rural e á cultura tradicional e a posta en valor do patrimonio cultural, patrimonial e natural do municipio laxense. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

        NOTA DE PRENSA CONCELLO LAXE

 

 

DEPARTAMENTO DE PRENSA

CONCELLO DE LAXE  - TF MÓVIL: 881  069 150/ 627 488 849

 

 

 

Comentarios