Venres. 29.03.2024
El tiempo

#SEMANASANTA

Xoanxo Cespón e Pepe de Olegario levan o mar costeiro a Stoupa e ao mercado La Galiciana

Pepe de Olegario en La Galiciana con Stoupa
Pepe de Olegario en La Galiciana con Stoupa
Xoanxo Cespón e Pepe de Olegario levan o mar costeiro a Stoupa e ao mercado La Galiciana

Exportando o noso mar atópanse o artista Xoanxo Cespón e o mariñeiro Pepe de Oleghario. O ceense abre a exposición ‘Mares da Costa’, que poderá visitarse na galeria Stoupa de Cee ata o 6 de maio. Mentres, a mostra de Stoupa das cartas náuticas de Pepe de Olegario viaxan ata Compostela para lucir no mercado La Galiciana durante toda a Semana Santa.

A galería ceense organiza alí, a exposición e venda dunha selección das cartografías do mariñeiro de Sardiñeiro onde se plasman as localizacións dos naufraxios acontecidos desde o século XVIII por toda a costa galega e detallando os motivos que levaron a eses barcos a afundirse. Uns mapas de Pepe de Oleghario que se poden adquirir online na TendaQPC, e que representan un auténtico tesouro patrimonial marítimo da Costa da Morte.

Stoupa. La Galiciana expo semana santa copia

Xoanxo Cespon en Stoupa

Stoupa.Xoanxo. Mares da Costa 2 copiaMentres, en Cee, na tenda turística, podemos ver xa ‘Mares da Costa’, exposición composta por oito cadros (acrílico sobre cartón) da serie Mares de Outono inspirados polos mares costeiros da Costa da Morte e 9 fotografías de série Terra-Auga tomadas en Fisterra e Muxía. A mostra poderá visitarse ata o 6 de maio na galería ceense.

Xoanxo Cespón é un artista multidisciplinar nacido en Cee, A Coruña, en xaneiro de 1970. Reside na actualidade en Hampshire, Reino Unido. Traballa coa pintura, a fotografía e a arte dixital. Cespón empezou a pintar aos 21 anos e desde entón a súa obra foi exposta, tanto en exposicións individuais como colectivas en diferentes espazos e galerías de diversas cidades europeas (Manchester, Londres, Amsterdam, Madrid…) así como en varias localidades da Costa da Morte, que é o territorio que máis ama e no que se inspira para boa parte do seu traballo.

Novas relacionadas

Comentarios