Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xogar na rúa

Balon na rua-Foto-Diez
O balón, na rúa-Foto-Diez
Xogar na rúa

Despois de pasar estas datas tan sinaladas, un só ten que retroceder á súa infancia para ver a evolución que estamos vivindo no trato os nosos cativos.

Como cada xeneración, por sorte avanzamos notablemente o noso estilo de vida e de vivir pero non sempre e prescindible olvidarse do pasado.

Os agasallos actuais distan moito de tempos atrás. Actualmente a maioría decántanse por vídeo xogos, patinete eléctricos e un sin fin de aparatos tecnoloxicos que acomodan no sedentarismo do rapaz na casa, para estar, ao mesmo tempo, vixiado.

Eso inflúe, aunque pareza mentira na mobilidade e coordinación dos rapaces, igualmente que no comportamento de xogar e compartir con varias persoas ou de facelo en solitario.

Os regalos estrella do pasado eran un balón de fútbol e unha bicicleta.

Ambos obsequios eran compatibles para pasalo ben en compañía como en solitario, e tamén de facer deporte, o esforzo físico na bicicleta e a resistencia dándolle aos pedais para fortalecer as articulacións dos xeonllos, non é a mesma que moverse nos aparatos eléctricos que nos venden agora.

Igualmente pasa co balón, segue sendo o fútbol un dos deportes máis seguidos e practicados polos nen@s, pero antes en toda casa había un balón, e agora xa non é así. Antes en solitario aprendíase moita técnica individual de control ao golpear contra a parede e recibilo novamente, aparte de ir despois xogar nun parque con quen alí estivera sen importar idade dos contricantes que te facía máis duro e máis pillo.

Todos eses pequenos detalles que vivimos e disfrutamos no pasado, agora que a maioría son pais, non pensan en dar o regalo de xogar na rúa? e inculcarlle a diversión con movimento e deporte.

OUTROS ARTIGOS DE ÁNGEL GARRIDO

Comentarios