Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A CRÓNICA

Xornada de derbis, escapadas, ascensos e títulos

Cerqueda - Corme - Foto-UD
O Corme caeu en Xaviña ante o Cerqueda- Foto-UD
Xornada de derbis, escapadas, ascensos e títulos

Novo e intenso carrusel o vivido nesta tarde dominical de 17 de marzo en www.futboldacosta.com.

Un domingo que tiña o ollo posto en Ara Solis, onde o Fisterra recibía ao Dumbría nun dos grandes derbis do noso fútbol. Gañou o caro fisterrán pero a xornada non se puido completar e o Sigüeiro venceu á Esteirana nos últimos compases mantendo os dous puntos de diferencia cos verdes. Baio e Soneira demostraron tamén a cara e a cruz da xornada na 1ª.

Na Preferente, non fallou o Xallas na súa visita ao pechacancelas, sumando puntos vitais para seguir na loita por evitar o descenso. Mentres o Sofán, sumou un punto, que puideron ser 3, ante todo un Arzúa.

A sorpresa da xornada, en Cerqueda

A xornada da Liga da Costa tivo un importante resultado, en clave de relativa sorpresa (este Cerqueda ten demostrado que pode gañar a calquera), a derrota do Corme en Xaviña. Así, o Mazaricos, que non fallou ante o Buño, sitúase con 6 puntos de vantaxe, sobre o Corme, a falta de 6 xornandas, tendo aínda que enfrontarse no Pino do Val. Non aproveitou o Volantes (un Volantes que si quere ascender, e posiblemente aproveitaría as opcións do Corme de ir á Fase) o tropezo do Corme ao non pasar do empate co Malpica, nin o Ponteceso, que caía en Muros ante un Yanki que parece non ter perdido o acerto cara gol, dándolle puntos vitais ao cadro celeste na loita por evitar o descenso. Tan importantes foron os puntos do Zas, no debut de Barca, ante o Cee, que se mete en descenso directo trala vitoria do Montelouro en Verdillo. O Lira, que marchaba ao descanso 2-0, acabou sucumbindo ante o Muxía.

Cabana ascende, e Coristanco campión

Dúas novas imporantes na 3ª, coa ratificación do título do Coristanco e o ascenso confirmado do Cabana, tras vencer ao Corcubión.

A falta de dúas xornadas, Castriz, Porteño e Outes teñen o Playoff asegurado, e Camariñas parte como gran favorito, con 3 puntos de vantaxe sobre Laxe e Castrelo.

Importante xornada en Veteranos

A División de Honra ferve con 3 equipos no máis alto. Zas e San Román non fallaban, mentres o Soneira non pasou do empate ante o Cabana e queda a 2 puntos. Por abaixo, o puntiño do Castriz pode ser importante antes as derrotas dos 3 que están en descenso.

Na 2ª, o Mazaricos seegue gañando e está con 7 puntos de vantaxe sobre o 3º a 3 partidos do final. O Razo caía ante o Malpica e suma só 2 puntos de vantaxe co Corme, nesa importante segunda praza de descenso. O playoff está moi intenso, con Malpica, Sofán e Leiloio agora mesmo en postos, pero co Deportivo Carballo, Xornes e Fisterra a só 1 puntos.

Máis información

Comentarios