Venres. 19.04.2024
El tiempo

A CRÓNICA DOMINICAL

A xornada: O Mazaricos campión de Liga, e o Fisterra líder da 1ª

Mazaricos Campion da Liga da Costa 18-19-Foto-Jorge Gorrion copia
Mazaricos celebrando o título da Liga da Costa 18-19-Foto-Jorge Gorrión
A xornada: O Mazaricos campión de Liga, e o Fisterra líder da 1ª

O carrusel deste domingo foi de auténtico infarto. 5.000 persoas seguiron dende o seu móbil en www.futboldacosta.com e www.copadacosta.com unha auténtica xornada de emoción, ademais en todas as categorías.

Mazaricos, campión da Liga da Costa

Vivía o campo de Peña de Ouro unha estrana finalísima baixo a néboa. Retrasouse o partido media hora para ver se levantaba a brétema, pero ao final os centos de afeccionados que ateigaron o campo mazaricán pouco espectáculo puideron contemplar. Porque habelo houbo. O Corme adiantábase; o Mazaricos colocábase 3-1 na segunda, e o Corme metía presión co 3-2 a falta de 5 para o final. Ao remate, vitoria, título e ascenso para un Mazaricos que está facendo unha temporada histórica, despois do título da 1ª de Veteranos no seu ano de estrea.

Campo no Pena de Ouro con neboa-Foto-Fin Lema
Asi estaban as bancadas do Pena de Ouro de Mazaricos

Mazaricos campion da Liga da Costa

O Corme vé perigrar ademais a praza de promoción pois o Volantes conseguía vencer no m.90 ao Cee e se coloca a só 1 punto, a falta de 2 xornadas.

Tamén por abaixo a cousa está tremenda, coas derrotas de Cee e do Muros, que se complica, e moito, a vida, tras perder co descendido Ameixenda. O Montelouro tamén caía e xa está practicamente descendido, pero atentos estarán ao posible arrastre da Esteirana, sobre todo o Cee, e tamén Cee, se ben Buño e Lira sumaban vitorias vitais.

O Fisterra, líder da 1ª

Tremendo o vivido en Ara Solis esta tarde. O Val do Ulla metíase 0-2, pero o cadro fisterrán, arroupado por unha afección sen parangón no fútbol modesto galego, remontaba e aproveitaba o empate do Sigüeiro en Padrón, para subir dous postos e colocarse líder. Os fisterráns teñen o golaveraxe individual co Sigüeiro, e ambos teñen un punto máis que o propio Flavia.

Venceu o Soneira ao Baio no derbi soneirán, venceu o Dumbría, e a Esteirana sumou un punto que sabe a pouco ante o pechacancelas, e agora ocupa posible praza de arrastre (a día de hoxe descenderían 3 fixos e 3 polos descensos de Xallas, Agolada e Estudiantil), pero con 4 xornadas de marxe e co 12º a só 2 puntos.

O Xallas, ao borde do abismo

Complícase a vida a 5 xornadas do final. Volveu caer, e con contundencia, e mantense na 16ª praza, polo que ocuparía unha das 3 prazas de arrastre que hai agora mesmo. Está, en todo caso, a 3 da salvación.
Mentres o Sofán segue rematando a liga sen demasiada intensidade.

Final da Fase de Ascenso á 2ª

Castriz-Porteño será a finalísima da Promoción á Liga da Costa. Os xalleiros non deron opción ao Camariñas repentindo o 3-1 da ida. Na Grixa, o Porteño remontou o 2-1 que traía o Outes. Os da Ponte se colocaban 3-0 ao descanso, recurtaba o Outes pero non era quen de culminar a remontada. Castriz e Porteño veranse as caras na finalísima deste fermoso playoff.

A Copa de Veteranos en marcha

Xa tendes en www.futboldacosta.com a Fase Previa da Copa da Costa, así como a Fase de Ascenso, á D.H. de Veteranos. Corme e Sofán loitarán polo ascenso.

Moita base

Se ben as Ligas Galegas descansaban, e os Cadetes esperan a celebración do sorteo de Copa (faise este martes 16, e a Copa comeza o 28), houbo moitos partidos de base. En Xuvenís, Os Miúdos rematan máis líderes despois do empate do Corme en Fisterra e da sorprendente derrota do Cabana na casa ante o Ponteceso.

Ademais, os Benxamíns do Outes (na foto de abaixo) foron os primeiros que xa se clasificaron para a Fase Galega, a falta dunha xornada, ao gañar 0-3 no partido adiantado da xornada da Fase Final á Esteirana.

Outes e Dumbría xogaranse o pase na finalísima da semana que vén en categoría Alevín.

Benxamins do Outes Campions de LIga da Costa
 

Máis información

Comentarios