Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xornadas de Pesca do Pindo: O mar son Feitos

Xornadas de Pesca do Pindo: O mar son Feitos
Xornadas de Pesca do Pindo-Carnota 2018 Os carpinteiros de Ribeira, as lembranzas mariñas, as reivindicacións do sector ou os literatos do mar foron algúns dos protagnistas das pasadas edicións. Este ano, as Xornadas de Pesca do Pindo cumplen a súa XIII edición, e teñen como lema “Feitos de mar”. A Confraría de Pescadores do Pindo pretende con estas xornadas seguir recuperando e poñendo en valor esta importante industria. E faino con un completo programa de mesas redondas e conferencias, ademais de saídas guiadas, exposicións e as habituais xornadas para os nenos, como os obradoiros de cestería, de pintura, de reciclaxe, taller de cociña, body board, ou medioambiental, ou o concurso literario. Concretamente estarán abertas as exposicións de Artesanía das mans de Remecreando (Remedios Beiro) e arte de Galicia con ALIVAVA (Alicia Vázquez Vázquez). Faranse tamén Rutas guiadas do Proxecto Pindo Mariño.

Programa completo

Venres día 29 de xuño

17:00 a 17:30 Recollida de credenciais e material. 17:30 a 17:45 Inauguración das xornadas. Presentación das xornadas por parte da secretaria da Confraría de Pescadores do Pindo, M.ª Mercedes Díaz Mayán. 17:45 a 18:00 Entrega de diplomas ás/ós nenas/os que participaron nas actividades semanais. Entrega do premio aos/ás gañadores/as do concurso literario. 18:00 a 18:45 "Presentación do libro Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García". Edición literaria de Miro Villar. 18:45 a 19:30 “A experiencia do noso mar na narrativa galega: Alma e o mar”. Francisco Fernández Naval. 19:30 a 20:15 “Costa da Morte: soños, naufraxios e lendas prestadas”. Rafael Lema. Degustación de produtos típicos da nosa costa acompañados de música da terra. Receitas tradicionais, nas que se integran novos recursos. A recollida e elaboración lévase a cabo polos propios socios e socias (mexillóns, lapas, caramuxas, berberechos, robalo, algas, polbo...). Sábado día 30 de xuño 10:30 - 11:15 “A vida dun lobo de mar. Historias. Vivencias”. Juan Patín, “O Pecas”. 11:15 - 12:00 “A experiencia: un mundo”. Andrés Santiago Domínguez Beiro. 12:00 – 12:30 Pausa-café. 12:30 – 13:15 “Novas iniciativas: un futuro con mulleres”. Alicia Carrillo Lago (Buceo Finisterre). 13:15 – 14:00 Debate coas persoas participantes das charlas (Modera Lino Lema). 17:30 - 18:15 “O regreso das fillas de Ith: os lobos mariños de Galicia”. Alfredo López. 18:15 - 19:00 “Mariscadoras e campesiñas na historia de Galicia”. M.ª Concepción Sande Noya. 19:00 – 20:30 O mar na literatura (Marta Dacosta, Xosé Iglesias, Suso Bahamonde, Miro Villar, Alexandre Nerium, Xaime Trillo...) Sardiñada, conxuro da queimada e actuación musical representativa da cultura galega. Domingo día 1 de xullo 10:30 - 11:15 “As algas: un novo produto na alimentación”. Tino Otero (Porto-Muíños). 11:15 - 12:00 “Pratos innovadores con productos do noso mar”. Javier Lado Martín. 12:00 – 12:30 Pausa-café 12:30 - 13:45 "Novos consumidores, novas responsabilidades, no consumo e na produción". Convivium Slow Food Galicia Litoral "Xantar de vagar". María Traveso e M. Carmen Sánchez.“Galuriña. 13:45 - 14:00 Clausura. Representante da Deputación da Coruña. A Confraría de Pescadores de O Pindo conta coa colaboracíón da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Carnota, Galp4, A Banca, Portomuíños, Adibismur, Prodemar, Lonxa de Lira.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-xornadas-de-pesca-do-pindo-lembraron-aos-carpinteiros-de-ribeira/

Fonte

Comentarios