Martes. 16.04.2024
El tiempo

O xornalismo emerxente da Costa da Morte falou nos #DirectosQPC

O xornalismo emerxente da Costa da Morte falou nos #DirectosQPC

Este mércores 10 de xuño tivemos nos #DirectosQPC temos unha cita moi especial. Falamos de Xornalismo, do presente e futuro da comunicación da Costa da Morte, con 5 mozos e mozas que representan a calidade profesional da nosa comarca.

Paula Castiñeira (Toba, Cee, actualmente en QPC), Darío Domínguez (Freán, Carnota; no gabinete de comunicación do PP no Parlamento Galego); Antón Lestón (Corcubión; de Radio Nordés - Cadena Ser); Alba Mancebo (Vimianzo, na TVG) Manuel Rey Pan (Carballo; de GCiencia), contaron como chegaron a este mundo, deron conta das súas primeiras experiencias e contaron como se informan eles e, tamén, como debullar a información veraz da falsa nesta época da “sobreinformación”.

Falouse de ética periodística, de sensacionalismo, da importancia da especialización, como da informació científica ou da prensa local (“a ti vaite importar máis o que lle pase a unha soa persoa que viva enfronte, que o que lle pase a 1000 chineses”), da “campaña máis dixital da historia”, ou do futuro do mundo mediático.

Pero mellor escoitádelos a eles.

#DirectosQPC

#DirectosQPC arredor da comunidade educativa e cultural de Baio

Comentarios