Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Malpica

Xosé Manuel Varela describe a Croa do Castro para Senda Nova

A pasada semana o Concello de Malpica realizaba unha tala de eucaliptos e desbrozaba a zona, para poder realizar unha primeira escavación na Croa do Castro. O prometedor espazo arqueolóxico malpicán, situado na parroquia de Cerqueda, xa ofrece unha visita máis que interesante, como comprobaron esta fin de semana os camiñantes de Senda Nova, que na súa Primavera en Ruta eran os primeiros que disfrutaban do estado actual da zona.

José Manuel Menéndez aproveitou para gravar un vídeo explicativo a Xosé Manuel Varela, un dos maiores activos deste proxecto, que explica como pasa de ser un espazo privado a un lugar púbilco de interese gracias ao concello e ao voluntariado.

Explica, tralo remate da fase1, que futuro pasa por utilizar o radiómetro, para determintar onde actuar, e comezar xa o proceso de divulgación con visitas escolares.

Varela recoñece onde podería estar a entrada e un dos torreóns, e lembra que tamén se chama Miradoiro, porque ten unha visión completa do val agrícola, mesmo o mar nos Muíños da Ribeira, de Ardeleiro, que funcionaron gracias ao río da Ola, a fonte do que vivían os habitantes do castro.

Historia do proxecto da Croa do Castro

Xosé Manuel Varela describe a Croa do Castro para Senda Nova