Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xosé Regueira, recoñecido pola revista HGg&T na Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia

Xose Regueira, á dereita, nunha das reunions pola Reserva Mundial de Surf na Costa da Morte
Xosé Regueira, recoñecido pola revista HGg&T na Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia

A revista HGg&T vén de recoñecer o traballo do concelleiro carballés e vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira. Será o vindeiro 25 de setembro cando reciba o premio na modalidade de proxectos e iniciativas institucionais na XVII Edición da Gala de Turismo e a Gastronomía de Galicia.

O responsable da área de Turismo da entidade provincial (na anterior e nesta lexislatura), entende o premio “como un recoñecemento a nosa aposta polo turismo de calidade e pola profesionalización do sector que é vital para o desenvolvemento económico do territorio”.

A proposta da Costa da Morte como Reserva Mundial de Surf, o feito de levar polo mundo a feiras internacionais a gastronomía da provincia ou proxectos como Derrubando Muros (Coruña foi a invitada especial na Feira Ibérica de Turismo), ou as axudas provinciais para a contratación de técnicos de turismo nos concellos, son algunhas das accións claves para ter recibido este recoñecemento.

Comentarios