Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Xunta activa o peche permitral e da hostalería de 6 concellos de Bergantiños

Mapa covid Galicia
Mapa cos datos de hoxe 13-11-2020
A Xunta activa o peche permitral e da hostalería de 6 concellos de Bergantiños

Como l A le trasladara na reunión de onte cos alcaldes/as, a Xunta vén de confirmar o peche perimetral da comarca de Bergantiños, do que só salva o Concello da Laracha. Deste xeito, actívanse as restricións (que xa sofre Vimianzo dende hai dúas semanas) nos Concellos de Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe.

Todos, agás Laxe, están en nivel vermello de alerta sanitaria, con cifras como os 154 casos en Carballo (28 máis que onte), os 71 de Malpica (3 máis ca onte) ou os 53 de Ponteceso.

Deste xeito os habitantes destes 6 concellos sufrirán o peche perimetral, polo que non poderán saír da comarca nin pasar pola Laracha, agás para casos laborais ou sanitarios.

Ademais, terá que pechar a hostalería de todos estes concellos, mantendo só o servizo a domicilio; e só se poden manter reunións de convivintes.

O peche farase efectivo a partir desta media noite, segundo as medidas publicadas no DOG, e a duración estimada é de 4 semanas.

CIFRAS

O mapa de cores de hoxe, despois de comprobar que hai 99 casos activos e 10 aulas pechadas nos Centros de Ensino da comarca, quedan do seguinte xeiro:

  • Nivel 3 (máis de 21 casos positivos por confirmados por PCR na última semana): Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Cabana e Vimianzo.
  • Nivel 2 (entre 14 e 21 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Laxe, Santa Comba, Camariña e Cee.
  • Nivel 2 (entre 7 e 14 casos positivos confirmados por PCR na última semana): Mazaricos, Muros, Dumbría e A Laracha.

Ademais, temos 11 ingresados no Hospital Virxe da Xunqueira, 1 menos ca onte.

Entrevista

Máis novas do COVID

Comentarios