Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Xunta asegura que a demanda náutica da Costa da Morte está cuberta cos portos deportivos de Muxía e Camariñas

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Imaxe do porto de Fisterra
A Xunta asegura que a demanda náutica da Costa da Morte está cuberta cos portos deportivos de Muxía e Camariñas

Os soños de albergar un porto deportivo de Concellos como Corcubión ou Fisterra parecen absolutamente esquecidos. Así o comprobaron os membros da Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra, despois de recibir unha carta de resposta da Xunta á petición desta inraestrutura náutica.

A Xunta desbota absolutamente crear un porto deportivo en Fisterra pois “dá por cuberta a demanda en toda a Costa dá Morte de leste de instalacións cos portos deportivos de Camariñas e Muxía”

Unha resposta que dende Fisterra se toma como “sangrante agravio comparativo en relación cos portos deportivos construídos nas Rías Baixas, nos que cada porto pesqueiro foi dotado das correspondentes infraestructuras para a náutica deportiva e recreativa. Séguennos desprezando e tratándonos como cidadáns de segunda”…, lamenta o presidente da asociación Fernando Carrillo, que non se explica esta resposta sendo como é a vila do Cristo “Porto Xacobeo”. “Somos Porto Xacobeo, pero non existen as instalacións específicas para o atraque das embarcacións de 7ª Lista en tránsito, de maneira que temos o nome pero o servizo e os atraque non se poden realizar. Estas son as contradicións de quen gobernan desde os despachos de Santiago e descoñecen a realidade dos portos. Non necesitamos unhas instalacións sobredimensionadas senón unhas básicas que poidan irse ampliando no futuro segundo a demanda o requira”, explica Carrilo.

Ampla marxe de crecemento

O argumento da Xunta contraponse directamente coa opinión de especialistas como Marcos Trillo. O responsable do porto muxián e da Escola Cataventos, explica que “sería bo a creación de novos portos na ría de Corme e Laxe e tamén na ría de Corcubión, por exemplo” para reducir a lonxitude das etapas, unha vez que de Coruña a Camariñas ou Muxía hai unhas 50 millas, e de Muxía a Muros (o outro porto con infraestrutura do sur ca comarca) son 35.

Novas relacionadas

Comentarios