Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Xunta fará talas no Monte Pindo para previr incendios

Pequenas poboacións de Quercus lusitania (carballo anano) que sobreviven no olimpo Celta
A Xunta fará talas no Monte Pindo para previr incendios

A Consellería do Medio Rural pon en marcha este ano plans piloto en catro dos 19 distritos forestais existentes co fin de impulsar tarefas de prevención que se centren en zonas de especial abandono e afectación por incendios. E un destes plans piloto será no distrito forestal de Fisterra.

Neste caso, haberá actuacións nos municipios de Camariñas, Vimianzo, Mazaricos, Carnota e Muros. Entre outras tarefas, faranse 26 queimas controladas nunha superficie de 375 hectáreas e actuarase, principalmente, no Monte Pindo. Precisamente desde hai anos entidades sociais, ecoloxistas e o concello de Carnota veñen pedindo a declaración desta zona como parque natural.

Así, un dos traballos que se priorizará nesta parroquia. A memoria de tarefas reflicte que se debe á "existencia de grandes lumes forestais no pasado e na inexistencia de infraestruturas de prevención que permitan levar a cabo un ataque ao lume". Para iso, proponse cortar 4.900 árbores, o tronzado de fustes de máis de 2.000 metros cúbicos e a recollida de residuos.

Convenios de prevención e defensa contra incendios forestais

Así mesmo a Xunta Rodeiro explicou os convenios vixentes de colaboración entre a Consellería do Medio
Rural e os concellos. Na comarca están adheridos Cabana de Bergantiños, Carballo, Dumbría, A Laracha, Vimianzo e Zas. A través destes convenios apóiase a creación de 8 brigadas cun total de 40 compoñentes
nesta área e contarán con 2 motobombas, que, aseguran, tamén traballarán en materia de prevención.

Convenios de protección das aldeas

Paralalemente son 8 os concellos adheridos ao convenio de protección das aldeas subscrito con Seaga e a Fegamp para previr os lumes nas proximidades dos núcleos de poboación mediante a xestión da biomasa nas chamadas faixas secundarias: Cabana, Camariñas, Carballo, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Ponteceso e Vimianzo.

Fonte

Nova do xornal curmán GaliciaConfidencial.

Comentarios