Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xuvenís: A Liga, e o ascenso, parece cousa de tres

Xuvenis do Cabana no Eleuterio Balayo-Foto-SD Cabana
O Cabana no Eleuterio Balayo-Foto-SD Cabana
Xuvenís: A Liga, e o ascenso, parece cousa de tres

A falta de 9 xornadas (aínda un mundo) a parte alta da clasificación da Liga Xuvenil vaise perfilando. Hai apenas dous meses era cousa de 7 equipos; hai un mes quedaban 5 pelexando; e a día de hoxe parece que a cousa queda en tres candidatos. Os Miúdos, Corme e Cabana manteñen unha certa distancia sobre o 4º clasificado, o Fisterra. 10 puntos ten o cadro muradán sobre o equipo verde, polos 8 e 7 que teñen Corme e Cabana (cun partido menos ambos).

Miudos Xuv
Cadro dos Miúdos

Esta fin de semana, tocáballe descansar ao Cabana, e Os Miúdos e Corme non fallaban. O cadro muradán tívoo doado ante o pechacancelas para sumar a súa 8ª vitoria seguida, pero os de Lelo sufriron, e de que xeito, ante o Soneira. Foi nun partido moi táctico pola parte soneirán, que se presentou con 12 xogadores no Cairo, e no que apenas o Corme disparou a portería salvo un cabezazo a saída dun córner que se estrelaría no pau e o gol a falta de 20 minutos. Un choque con claro dominio local pero no que se cadra o máis xusto sería un empate, tendo en conta que os soneiráns protestaron varias decisións arbitrais claves.

Corme xuveni-foto Fin lema
Corme xuvenil-Foto-Fin Lema

O Fisterra volveu sufrir un novo tropezo, e segue de máis a menos, e non pasou do empate ante un Outes que vai en sentido contrario. Os de Claudino suman 8 xornadas sen perder (6 vitorias e 2 empates) e malia que acordaron tarde, van pelexar por rematar o máis arriba posible. 13 puntos son os que separan do liderato, e 2 do propio Fisterra.

Un pouco máis abaixo queda a Esteirana (con dous partidos menos que o líder) e o Sofán, que se deixa levar nas últimas semanas (chegou a estar 2º na xornada 18), e volvía perder ante o Baio.

Vindeira semana

A semana que vén descansa o líder, polo que o Corme, se vence en Esteiro, volveria ao liderato (no que estivo da xornada 6 á 17, cando parecía a liga sentenciada pois estaba nun estado de forma absolutamente imperial). Despois dun baixón importante na recta final do ano pasado, xa leva 6 vitorias e un empate nas últimas 7 xornadas.

Ademais, o Cabana terá unha boa pedra de toque, un Outes que vén ca marcha metida. O Fisterra-Sofán tamén será un bo partido.

Máis información

Todas as crónicas das Ligas Xuvenís

Comentarios