Martes. 16.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O Corme sentencia, en 3 minutos, media Liga

Xuvenís: O Corme sentencia, en 3 minutos, media Liga
Corme-Fisterra xuvenil-Foto-Fin Lema O Corme-Fisterra foi o gran partido da Liga Xuvenil-Foto-Fin Lema Non ten unha vantaxe demasiado clara, e aínda faltan 21 xornadas, pero parece que este ano o Corme ten claro que vai pelexar por repetir título na Liga Xuvenil. Así o demostrou este pasado sábado, vencendo ao Fisterra, un dos grandes rivais da tempada, por un 6-0, se cadra, demasiado excesivo, pero clarificador. Os de Lelo sentenciarono choque nos primeiros 3 minutos da segunda metade, con dous goles dende o seu propio campo (ata o porteiro cormelán Lucas emulaba a fazaña que fixera o modesto Suso en 2015) e outro máis sentenciaban o choque. Certo é que cando fallan os porteiros sempre se nota máis, pero no cadro de Pablo Lestón e Skío, durante a segunda metade do sábado non estiveron acertados ningún dos xogadores. Cee-Outes xuvenil-Foto-Ra Cee-Outes xuvenil-Foto-Ra Polo demais, colócase 2ª a Esteirana, despois de vencer con moitos apuros ao Xallas, e aproveitando a derrota fisterrá e que o Sofán tiña que descansa. Os blaugranas poderán colocarse a 4 puntos do Corme se aproveitan a xornada de descanso destes. Pola zona alta aínda están na loita pola 2ª praza Os Miúdos (que descansou), Cabana, que vencía ao Ponteceso, e o Soneira, que facía o propio co Camariñas. O Outes puido vencer ao Cee no seu feudo e o San Lorenzo despachou ao Baio. O detalle da xornada tívoo o Zas, que xogou con 10, e mesmo con 9 cando se lesionou un xogador do Laxe, ante a falta de efectivos do cadro visitante. Un detalle que segue a liña do exhibido polo Corme hai unhas semanas. Zas xuvenil tivo bo detalle Zas xuvenil tivo bo detalle co Laxe  

Corme - Fisterra (6-0)

Foto-Fin Lema Foto-Fin Lema O porteiro cormelan Lucas marcou dende o seu campo-Foto-Fin Lema O porteiro cormelan Lucas marcou dende o seu campo-Foto-Fin Lema
  • Corme: Lucas, Ángel, Noel, Aitor, Martín Méndez, Eloy Villar, Javi Bermúdez, Manu Garrido, Alex Mato, Miguel e Martín Costa. Tamén xigaron: Manu Tasende, Xose, Manu Cancela, e Alex Nieto.
  • Fisterra: Breo, Puyol, Ángel, Rui, Cristopher, Yago, Ezequiel, Miguel, Iván Escarís, Aarón e Isaac. Tamén xogaron: Quintela, Musa, Álex, Óliver e Xan Xixo.
  • Goles: 1-0, m.46: Eloy Villar; 2-0, m.47: o porteiro Lucas dende a súa área; 3-0, m.48: Martín Costa; 4-0, m.54: Martín Costa; 5-0, m.59: Aitor; 6-0, m.79: Manu Tasende.
Comezou o choque bastante igualado, cun Fisterra que contaba co vento a favor e conseguía inclinar o campo cara a área cormelá. Non houbo demasiadas ocasións pero si puideron abrir o marcador Iván Escarís, Isaac ou Ezequiel para os verdes. Pero o partido decidiuse neses 3 minutos do comezo da 2ª metade. Primeiro Eloy Villar, despois Lucas dende a súa propia Área, e sen tempo a erguerse un novo gol dende o seu campo de Martín aproveitando a forza do vento. Co 3-0 foron arriba os fisterráns, intentando meterse no partido, pero xa practicamente na primeira contra, 4-0 e esperanzas erradicadas.  

Todas as crónicas do Fútbol Xuvenil

https://quepasanacosta.gal/1%C2%AA-autonomica-un-derbi-de-porta-a-porta/ “Xuvenís: Un xesto de deportividade e unha tangana marcan a xornada” — Que pasa na costa

Comentarios