Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Outes e Corme avanzan cara a final

Corme-Sofan da Copa da Costa Xuvenil-Foto-Fin Lema
Imaxe do Corme-Sofan da Copa da Costa Xuvenil-Foto-Fin Lema
Xuvenís: Outes e Corme avanzan cara a final

Outes e Corme deron un paso importante para meterse na finalísima da Copa. Se o Outes vencía ao Soneira por 3-1, máis clara foi a vitoria dun Corme que se perfila como máximo candidato ao título.

En todo caso, despois das remontada sque protagonizaba o Outes e o Soneira ante o Cabana e a Esteirana en Cuartos, non hai nada selado.

Outes - Soneira (3-1)

  • Outes: Antón, Canoa, Perol, Joel, Fabián (Cartucho, m.81), Kevin (Stefan, m.75), Nico (Mangelo, m.70), Alex (Ryan, m.60), Josiño, Ramón e Fran Lires.
  • Soneira: Chris, Dami, Jorge, Angel, Rauliño, Chasko, Alex, Nico, Cris Canosa, Brais e Fran.
  • Goles: 1-0, m.41: Kevin de tiro cruzado pegado ó pao; 2-1, m.61: Fran Lires de zurdazo fóra da área; 3-1, m.68: Kevin nun remate na área pequena.

Capis xuvenis entre Outes e Soneira
Capis dos equipos xuvenís de Outes e Soneira co colexiado Miguel A. Vilas Lorenzo

Partido de poder a poder no Conchido con poucas ocasións de gol e un resultado excesivo para o visto no terreo de xogo. En todo caso, os da Serra fixeron un partido moi completo, serios en defensa e con moito perigo en ataque, ante un moi bo rival que deu a talla en todo momento a pesar do que di o marcador.

O partido empezaría cunha ocasión do Outes que cun centro que se envenena atopa a resposta de Chris (o meta soneirán foi do mellor do partido). O partido era pouco vistoso e con apenas chegadas ata que Kevin atopa un balón morto na área tras un saque de banda longo para facer o primeiro. A partir de aí o Soneira estirariase e Jorge á saída dun corner cun cabezazo pegado o pau que responde o meta local cun paradon avisaría os de Outes.

Tras a volta do descanso o Soneira daría un paso adiante e Chasko de libre indirecto faría o empate. Brais apiques estivo de adiantar os soneiráns cun centro chut que bate no longueiro. As xogadas a balón parado dos visitantes eran moi perigosas.

E cando mellor estaban os soneiráns, Ramón cun tiro axustado de fora da área faria o 2-1. E nunha xogada tonta Kevin chega forzado á liña de fondo e o cando parecía que Jorge ía sacar o balón na liña de gol bate nunha botella de auga e no pau e faría que non puidese chegar o balón sendo así o 3-1. Apartir de aí o Soneira intentaríao pero sin sorte.

Corme - Sofán (5-1)

  • Corme: Lucas, Angel, Noel, Aitor, Eloy Villar, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Alex Mato, Samuel, Manu Tasende. Tamén: Manu Cancela, Alex Nieto, Hugo e Miguel.
  • Sofán: Christian, Adrián Añón, Simón, Nacho Eirís, Hugo, Cristian Lema, Aarón, Sergio García, Jonatan, Nacho Moreno, Kevin. Tamén xogaron: Diego, Raúl, Alex, Julián, e Juan Bello.
  • Goles: 0-1, m.19: Kevin; 1-1, m.22: Noel; 2-1, m.26: Aitor de penalti; 3-1, m.42: Manu Garrido; 4-1, m.63: Mauro; 5-1, m.87: Alex Nieto.

Corme-Sofan da Copa da Costa Xuvenil-Foto-Fin Lema 2

A calidade dos Aitor, Eloy, Samuel, Mauro Méndez, Manu Tasende… demostraron por que o Corme está chamado a ser o candidato número un a gañar esta Copa xuvenil. Os carballeses tiveron un espellismo ao comezo do partido, meténdose por diante cun gol de Kevin. Tanto que non provocou outra cousa que espabilar aos locais, que pronto empataron, fixéronse donos do terreo de xogo, e con calidade, e tamén cun toque de sorte nalgún tanto, foron levando o partido para o seu terreo.

Non estaba sendo un partido tremendamente vibrante, pero a superioridade azulona era clara. Tivo o Sofán o 3-2 ao comezo da segunda metade, pero mandou un balón á madeira, e practicamente na contra seguinte Mauro facía o 4º.

Corme-Sofan da Copa da Costa Xuvenil-Foto-Fin Lema 3
Fotos do Corme-Sofán de Fin Lema

Novas relacionadas

Máis información

Comentarios