Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xuvenís: Xornada quente

Xuvenís: Xornada quente

Xornada complicada esta nas Ligas Xuvenís con choques moi intensos. Unha xornada marcada por dous choques nos que o deportivo quedou ao marxe. Unha xornada que apreta máis a clasificación polo Sur e que deixa no Norte a Malpica e Ponteceso destacados.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 9

Perdia o liderato o Dumbría unha semana despois de conseguilo i é que van 3 semanas consecutivas de cambio de líder no sur. Os dumbrieses non pasaron do empate nun Miraflores candente, e deixan pasar a Fisterra, que sufría para vencer pola mínima ao Soneira, e un Xallas de Santa Comba que tampouco o tivo fácil en Outes. Dúas vitorias pola mínima de Fisterra e XSC que demostran que os equipos de abaixo están mellorando co paso das xornadas e que a concentración vailles facer falta en todos os partidos aos de arriba.

O que non vai deixar escapar os postos que dan acceso á Liguilla é o Cee. Os de José Carlos quedan a 2 puntos de Dumbría e 4 do liderato tras vencer ao Corcubión, que segue tendo os mesmos problemas de xente.

Na Picota sacou a Esteirana unha vitoria relativamente sorpredente se analizamos o bo comezo do Mazaricos. Pero é que os xuvenís amarelos seguen sen Sandelo e Oreiro, habituais tamén co equipo da 2ª Autonómica que levan 3 semanas lesionados e 3 derrotas dos xuvenís, e aínda terán para 2 ou 3 semanas sen eles. Os de Esteiro aproveitaron e sacaron a 3ª vitoria da tempada.

Cee-Corcubion-Foto- Jose Cambeiro

Muros - Dumbría (2-2)

  • MUROS: Matías, Javi, Veloso (Antonio), Samuel, Fabi, Mancebo, Adrián, Piki, Alberto (Macheda), Juan, Zapata.
  • DUMBRÍA: Chupi, Roi, Dito (Samuel, min.46), Cabana, Adrián Ozón (Rafa, min.80), Jose, Kevin (Alex Siaba, min.46), Lucas (Mauro, min.70), Javi, Israel, Martín.
  • Goles: 1-0, min.4: Juan de penalti sobre Adrián; 2-0, min.15: Juan de penalti por mans; 2-1, min.55: Javi; 2-2, min.94: Rafa tras un córner.
  • Expulsión: o muradán Juan por protestar.

Partido da xornada por moitas cousas. Pero algunha delas mala, pois foron varias as fontes que nos trasladaron que a bancada muradá estivo demasiado quente durante todo o partido. Parece que os ánimos do derbi galego quentou demasiado aos siareiros que por momentos trasladaron a atención do campo ás bancadas.
Ben saben por Muros que sempre loubamos o feito de ter unha afección así, que moitos equipos envexan ter ambiente sempre no campo. Pero tamén temos que deixar claro as queixas que nos chegan por diferentes fontes de cando se traspasa a fronteira de animar a faltar ao respecto.

No deportivo, foi un partido vibrante, con dominio alterno que puido gañar calquera e acabou en empate, e no último segundo. Parecía que o Dumbría, que estaba líder, vencería con facilidade, ademais tendo en conta que o Muros viña de caer 0-9 co XSC. Pero a relaxación por unha banda e a presión das bancadas fixo que o Dumbría non entrase no partido.

Así, en 15 minutos, o Muros xa anotara dous goles en sendos penaltis. Aguantou ben a primeira metade o Muros, e mesmo foi superior por momentos. Pero xa era unha primeira metade atípica, que tanto puido acabar 4-0 con dúas contras locais, como acabar con empate tralas ocasións visitantes.

Na segunda saíu o Dumbría decidido a empatar, e puido caer o partido de calquera lado. Ao remate, un arreón final dos locais permitu embotellar aos Muros na súa área, e tras un córner, Rafa acaba o empate.

Houbo tamén outra clase de piques, máis sanos, como o que mantiñan o muradán no Dumbría, Alex Siaba, que onte xogou de suplente, e o meta Matías. Amigos de toda a vida tiñan un pique persoal, e desta volta o punta non foi quen de batir ao meta.


Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 9

Malpica Xuvenil- Foto- Luis E Porto

O partido da xornada era claramente o Ponteceso-Cabana que enfrontaba a dous dos candidatos ao título, e que estivo marcado pola arbitraxe. Así, o Cabana queda descolgado dos Ponteceso e Malpica, que xa lle sacan 4 puntos, pero os cabaneses conservan a 3ª praza, que terán que conservar mantendo a distancia a Coristanco e Baio.

Os malpicáns non sufriron a baixa de Juny evenceron con rotundidade ao Laxe con goles de Diego, M. Maradona, Pitis (2) e Víctor Novo.

E tralo Cabana sitúanse Coristanco e Baio que protagonizaron outro dos partidos máis importantes da xornada que remataba cun empate que non vale a ninguén. O Coristanco, cun equipo moi xusto, conseguíu aguantar o potencial dos baieses, que na segunda metade apretaron moito. Puxéronse os de Rochi por diante con gol de Alexis de tiro cruzado coa axuda do defensa baiés David, e aguantaron moitos minutos por diante ante as continuas embestidas visitantes con moita firmeza. De feito, o empate dos baieses non chegou ata faltando 10 minutos para o final, nunha contra que rexeitou Nacho e finiquitou Santi Díaz, que xa tivera varias antes para marcar.

E houbo goles, moitos goles esta xornada. E se non que llo digan ao Corme, que con moitas baixas (entre lesionados e cos maiores), e que quedaba en cadro tralas lesións de Sergio e Koeman, sufriron o aluvión dos Leóns de Camariñas. Aguantaron os cormeláns con 1-3 ao descanso pero na segunda os camariñáns non tiveron piedade e chegaron a 8.

En San Andrés tamén houbo unha boa festa do fútbol. Partido vibrante que puido gañar calquera e mesmo puido rematar en empate. Foi un partido con alternativas no xogo e no marcador. Comezou gañando o Zas, pero o Muxía empatou en dúas ocasións e mesmo se puxo por diante 2-3. Aínda antes do descanso, o Zas empataba deixando todo para a segunda metade. O Muxía, moi mellorado, tivo opcións para poñerse de novo por diante pero foi Iago o que asinou o defintivo 4-3 para os zaenses.

Corme-Camarinas-Foto- Os Leons de Camarinas

Ponteceso - Cabana (2-1)

  • PONTECESO: Xurxo, Lorenzo, Diego Collazo (Joseph, min.85), Dani Cotelo (Eliseo, min.65), Fabián, Iago de Brantuas (Brais, min.67), Borja, Bieito, Alberto Recarey, Iago de Baíñas (Dani Valle, min.83), Cristian (Eloy, min.80).
  • CABANA: Adrián, Jonathan (Cristian, min.75), Duda, Laik, Dani Mato, Pablo, Alessandro (Estefan, min.55), Alex (Samuel, min.46), Iván Mato, Moreno, Martinciño (Iván Redondo, min.70).
  • Goles: 0-1, min.40: Moreno de penalti; 1-1, min.50: Iago; 2-1, min.70: Cristian de penalti cometido sobre Brais.
  • Expulsión: os cabaneses Laik no min.3 con vermella directa por unha reacción esaxerada do xogador; e Dani Mato no min.50 por ser o último home.

Partido moi condicionado pola arbitraxe, con 2 penaltis que puideron non ser e foron pitaron, outros 2 que foron e que non pitou, 2 expulsións, e 2 expulsións pantasmas. Aí é nada para a bagaxe do colexiado no Pinguel.

Ben é certo que a xusta expulsión inicial de Laik por unha patada sen balón fixo que o Cabana quedase mermado durante 87 minutos. Así e todo o Cabana tivo o empate na man ata o minuto 90.

Foi un partido tenso, moi igualado, sen demasiado fútbol. I é que malia ser dous estilos de xogo diferentes, o Cabana non permitiu que o Ponteceso tocase como soe gustar. Os de Carracedo buscaban contras afiadas mentres que os de Mato (onte ausente) non podían sacar o balón xogado.

Ao fío do descanso unha xogada estrana acaba con penalti por mans na área pontecesá, e o colexiado expulsou a Diego, pero rectificou. Moreno puña ao Cabana por diante.

Á volta dos vestiarios, o colexiado expulsa a Dani Mato por ser, supostamente o último home, pero nunha decisión demasiado rigorosa. Na xogada seguinte os cababeses pediron penalti por unhas mans que o colexiado non víu, pero si viu unha caída de Brais bastante inocente. Cristian puña o 2-1 dende os 11 metros.

Pero aínda contra 9 o Ponteceso non podían sacar o balón xogado, e o Cabana, ata o último suspiro puido conseguir o empate, que sería un resultado moito máis xusto.

Máis información

Máis información

Crónicas de Xuvenís

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios