Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Zaira Rodríguez: “Da oposición prefiro non falar”

Zaira Rodríguez: “Da oposición prefiro non falar”
Zaira Rodriguez-Alcaldesa de Cee do PP

Esta semana quixemos achegarnos ata un dos Concellos máis importantes da Costa da Morte. Un Concello que ultimamente non aparece tanto nos medios como antano, pero se cadra máis vale calma, que o ruido daquelas #OperaciónOrquesta, #mocióndecensura…

Falamos ca silenciosa Zaira Rodríguez sobre como anda a situación municipal, e como se presentan as eleccións de maio, despois de case 3 anos de alcaldía, dende aquela incómoda moción de censura.

Unha alcaldesa que prefire non facer valoracións do traballo da oposición, ou da crise da asociación Neria. En todo caso, a primeira pregunta era obrigada:


Parece que por fin os veciños de Cee poderán disfrutar da súa Casa da Cultura. Todos os que pasaron pola alcaldía intentaron abrila, e coa axuda de todos eles e gracias ao apoio da Deputación e outras administracións estase conseguindo.
De feito, xa está aberta. A Escola de Música xa está alí dende o 8 de xaneiro. A vindeira semana, o día 18, abrimos a Biblioteca e as Salas de Exposicións. E para mediados de marzo faremos a inauguración. Unha inauguración da que falaremos despois do entroido, pero na que os veciños serán protagonistas, porque o merecen.


  • QPC: Cal foi o meirande problema co que vos atopastes ao chegar?

Cando chegamos ao goberno, o anterior grupo deixara, no papel, unha débeda municipal de 1,2 millóns de euros. Pero realmente superaban os 2 millóns. Tivemos que pedir un crédito para pagar aos proveedores porque xa había que non nos quería dar servizos.
Agora, case 3 anos despois, a débeda ronda o 1,5 millón de €, polo que a reducimos nun 25%, ao tempo que seguimos facendo cousas.

Tamén o tema do saneamento, un dos que máis pelexa parte da oposición, e con razón. Está en marcha un estudio de Augas de Galicia realmente importante, cun proxecto de saneamento en marcha no centro de Cee, entre a Avda. Fisterra e a Fernando Blanco.


  • QPC: Que proxectos están en marcha en Cee nestes momentos?

Temos que dar as gracias ás administracións como a Xunta ou a Deputación polo apoio que nos están dando para desenvolver 3 liñas de traballo: O Fomento do Emprego, a revitalización do casco histórico relacionado co saneamento, e as obras polas parroquias, que, a pesar da política da foto do anterior goberno, estaban algo esquecidas.

Sobre o fomento de emprego, estamos traballando para conseguir máis Obradoiros de Emprego. Xa levamos dous, un que acaba de rematar, e xa presentamos os papeis para a nova convocatoria e esperamos que a Consellería pense en nós, e que duren máis, pois están a ser de 6 meses e poderían ser dun ano.
Ademais, pensamos no futuro, e o futuro pasa polo Parque Empresarial. Estamos intentando que a SEA faga máis rebaixa. Nós xa rebaixamos un 95% o ICIO, e conseguimos, tras varias reunións en Madrid, unha rebaixa do 15% das parcelas, pero queremos que cheguen ao 45% como fai Xestur, ademais de flexibilizar máis ospagos.

Para Revitalizar o casco histórico estamos facendo esas obras de saneamento, estamos cas obras da Praza das Palmeiras, e ca Alameda e con toda a parte antiga, e a seguinte é a zona de Rosalía. Ademais, hai que recordar os case 150.000€ das obras do Mercado

Pero sobre todo, estamos desenvolvemendo numerosos traballos pola parrroquias. Están en marcha as obras de Costas, financiada polo GAG, na senda ata a praia de Lires, na que poderán pasar coches de ida e volta sen problemas, e camiñantes, pola senda peonil tamén aberta. Son 200.000€ de obra e estará rematada en marzo ou abril, creo.
Sobre a Travesía de Ameixenda, temos o compromiso da Conselleira para cedérnola, pero unha vez reformada. Estamos, a través do PEIN de Medio Rural, dando continuidade ás obras do anterior POS da Deputación en Gures. Hai tamén obras de mellora de camiños en Berroxe, en Toba, tamén en O Son, no lugar do Raso. Están as obras de acondicionamento do parque biosaludable que hai no paseo.
E en breve estará aberta a Aula de Teleformación en Gures, ao carón da Biblioteca, para facer cursos de formación TIC.


  • QPC: Da Autovía Costa da Morte ata Cee sábese algo, porque parece que no último contrato non aparece para nada o treito Baio-Berdoias nin o Berdoias-Cee?

Polo que eu sei, o compromiso da Xunta é continualo ata Berdoias e ata Cee. A empresa adxudicataria solventou os seus problemas económicos e parece que xa están traballando as máquina no treito norte.

Dende logo, sería importantísimo que chegue o máis preto posible a Cee, para toda a Costa da Morte, e para Cee.


Pois está vivo. Nós seguimos pensando que é un proxecto bo para Cee e para a Costa da Morte, que pode ser un motor turístico e de xeración de emprego. Estamos intentando chegar a un acordo, despois de que a última proposta non fora aceptada polos promotores.

En todo caso, a eles, que xa son propietarios, tamén lles interesa chegar a un acordo, así que eu lle vexo futuro.


  • QPC: Como ves o proceso de renovación no sector turístico comarcal? Como vai a creación do CMAT, no que sabemos ti estás moi implicada?

Vexo que hai unha moi boa unión entre administracións e entidades privadas, que son os axentes protagonistas, e que cos que temos que traballar conxuntamente. Temos o compromiso firme de que a Xunta e a Deputación, van estar moi en serio ca posta en marcha do CMAT, como nos confirmaron Nava Castro, a Directora Xeral de Turismo, e Diego Calvo, presidente da Deputación. Todo, coa intención de promover o Xeodestino Costa da Morte. Incluso esta semana temos unha reunión xa con técnicos das dúas administacións.

Ademais, parece que os concellos nos imos dando conta do importante que é traballar o destino en conxunto. Non vale de nada se Cee vai pola súa conta. Temos que traballar o destino Costa da Morte.
Dos 17 concellos que forman o Xeodestino, creo que faltan moi poucos por apoialo CMAT, que pode estar en marcha o vindeiro mes.


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios