Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Zas cítase co teatro afeccionado

Zas cítase co teatro afeccionado
Mostra de Teatro Afeccionado de Zas O teatro gusta na Costa da Morte, e diso saben moitos concellos como os de Carballo ou Vimianzo - por citar algúns dos referentes da comarca neste campo - que ano tras ano colgan o cartel de completo nas súas citas teatrais. Coñecedor do éxito desta convocatorias é o concello de Zas que vén de poñer en marcha a I Mostra de Teatro Afeccionado á que se presenteron máis de vinte propostas de toda a comunidade. Dúas das cinco obras escollidas polo xurado - no que participa o grupo de teatro Badius - representaranse ao longo deste mes de abril. A primeira das citas será o sábado 23 de abril, no auditorio de Zas, ás 21 horas. Alí, o grupo de teatro do Centro Cultural San Fins, de Rebordáns - Tui, representará a obra "César a gusto". O seguinte sábado, día 30 de abril, o escenario do auditorio de Baio será o lugar escollido para que Tangatutanga Teatro de Santiago de Compostela represente a súa obra "Que deus nos colla confesados. Cabaré Bíblico". A cita tamén será ás 21 horas. As outras tres obras seleccionadas representaránse os días 7, 14 e 21 de maio. E o 28 de maio darase a coñecer os gañadores desta I Mostra de Teatro Afeccionado Concello de Zas.   Novas relacionadas

Fonte

Comentarios