Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Zoquiñas Vermellas para axudar ás vítimas da violencia de xénero

Zoquiñas Vermellas de Oleria de Buno a venda nas farmacias de Malpica
As Zoquiñas Vermellas de Oleria de Buno seguen á venda nas tres farmacias do termo municipal de Malpica
Zoquiñas Vermellas para axudar ás vítimas da violencia de xénero

O estado de alarma, e a consecuencia deste, a situación de confinamento, está a producir un agravamento nas situacións de violencia de xénero. Antóllase pois, fundamental que sigan en marcha iniciativas como a das ‘Zoquiñas vermellas’, que nacera de cara ao 8 de marzo. O proxecto non para, e de feito as zoquiñas seguen á venta. Estas peciñas atópanse á venta nas tres farmacias abertas no Concello de Malpica, e a súa venda está servindo para axudar a mulleres vítimas da violencia de xénero.

De feito, xa está listo o primeiro ingreso, de 785€, á Asociación Mirabal, gracias á venda das zoquiñas feitas polos oleiros de Buño, no marco desta acción promovida pola Asociación Visibles, a Olaría de Buño e a concellería de Igualdade do Concello de Malpica.

Todos estes entes cun eixo común, “contribuír de todos os xeitos posibles na loita contra as violencias machistas. Este era o noso primeiro obxectivo, ao que temos que sumar o contexto actual. Moitas mulleres están a sufrir confinamento nun mesmo espazo co maltratador, e temos que facer o posible para dar saída a este problema”.

Novas reacionadas

Comentarios