O 17 de maio ás 12:30 horas celebrarase na casa da Cultura de Cee a 1ª xuntanza de acordeonistas de Galicia. No evento - organizado polo concello de Cee e pola escola municipal de música - participarán acordeonistas chegados dende Ourense, Pontevedra, Santiago, Cedeira e tamén músicos de Cee.