domingo. 01.12.2024
El tiempo

Evento

Festival V de Valarés 2016

12/ago./2016 a 14/ago./2016
14:00 h a 00:00 h
Festival V de Valarés 2016
festival v de valares 2016 Xa sabemos que pasarán pola praia de Valarés xentes como León Benavente, Neuman, Perro, Belako, Egon Soda, The Limboos, Fogbound….. Pero os grandes nomes aínda están por aparecer. Como este que presenta hoxe, con tremenda alegría, o Colectivo V de Valarés. Dende a primeira edición leva Adrián Varela detrás deles, e neste 2016 vai conseguir traer a este curruncho do Finisterrae ibérico a Kula Shaker. Falamos dunha das miticas bandas da era post-britpop de finais dos anos 90, e que, liderada por Crispian Mills, aínda está perfectamente en forma. Xa teñen todo vendido para as súas citas en Manchester, London, Amsterdam, Bruselas, París, Berlín… e veremos que pasa coas costeiras. Ollo que o aforo é limitado. Ponte as pilas e merca xa a túa entrada ou abono. Por agora, 3 días de música, praia e acampada, por 30€. A cita os 12, 13 e 14 de agosto de 2016.

Unhas bandas de primeira

Horarios Festival V de Valares 2016

Así e todo, ademais do entorno, as bandas van ser un tremendo reclamo para atraer xente de todo o país. Conseguir a Kula Shaker, tras 10 anos detrás deles, é un soño para a organización. Só serán o primeiros dos 30 artistas que subirán ao escenario entre a tarde do venres e a madrigada do domingo.

De Camping e en EcoBus

Bus Festival V de Valares

E na liña de coidado co medio ambiente, a organización porá buses dende Ponteceso á praia de Valarés para evitar ter que andar co coche de arriba para abaixo. O Camping limpo tamén é outra aposta.

Camping LImpo Festival V de Valares

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios