mércores. 04.12.2024
El tiempo

Evento

Leo Bassi en Vimianzo

16/abr./2016 a 16/abr./2016
21:00 h a 21:00 h
Leo Bassi en Vimianzo
utopia-leo-bassi-13697 Chega a programación cultural do concello de Vimianzo. O departemento de Cultura, Deportes e Mocidade, dirixido por Marta Rey, encargouse de elaborar o amplo cartel de actividades que encherán o auditorio da casa da Cultura vimiancesa durante os sábados de febreiro, marzo, abril e maio. O mes de abril, denominado “Abril verdadeiro”, comeza o día 2 con Daboapipa e o seu espectáculo “As lavandeiras”, o 9 Talía Teatro presentará a súa nova obra, “Foucellas”, o 16 o artista Leo Bassi – que xa estivo fai uns anos en Corcubión – trae seu espectáculo “Utopía” e o 23 conmemoraremos a Revolución dos Cravos coa proxección da película “Fados” de Carlos Saura. O "Maio Persoeiro" comeza o día 7 cun espectáculo de máxia a cargo do Mago Antón. O sábado 14, Fantoches BaJ representará “O asombro de Manuel María”; o día 21, Ibuprofeno Teatro achegaranos a obra “A filla de Woody Allen” e a programación péchase o día 28 de maio con Cándido Pazó e súa adpatación de “Memorias dun neno labrego”. Programa Cultural de Vimianzo 2016
Comentarios