Evento
Abril Verdadeiro en Vimianzo
02/abr./2016 a 02/abr./2016
21:00 h a 21:00 h
11:51 11/02/16
Chega a programación cultural do concello de Vimianzo. O departemento de Cultura, Deportes e Mocidade, dirixido por Marta Rey, encargouse de elaborar o amplo cartel de actividades que encherán o auditorio da casa da Cultura vimiancesa durante os sábados de febreiro, marzo, abril e maio.
Coma sempre, a aposta vai por meses. Febreiro será o mes dedicado aos máis cativos e cativas. As representacións serán ás 18:30 horas e comezarán o vindeiro sábado, 13 de febreiro, coa obra “A casa do avó” de Tanxarina Títeres. O sábado 20 Os Quinquilláns representarán “Espantallo amigo”, adaptación da obra homónima de Xosé Neira Vilas. O sábado 27 Cé Orquestra Pantasma deleitará aos cativos e aos maiores cos espectáculos “A xogar, cantar e bailar” e “Fíos do querer”.
Marzo será o mes dedicado á lareta e aos monólogos. As representacións serán ás 21:00 horas. O 5 de marzo, Xoré Teatro representará “Pementeiras”. O día 12, Luís Zahera trae o “Chungo monólogo de Petróleo” e a programación do mes remata o día 19 con Quico Cadaval e “Almiñas”.
O mes de abril, denominado “Abril verdadeiro”, comeza o día 2 con Daboapipa e o seu espectáculo “As lavandeiras”, o 9 Talía Teatro presentará a súa nova obra, “Foucellas”, o 16 o artista Leo Bassi – que xa estivo fai uns anos en Corcubión – trae seu espectáculo “Utopía” e o 23 conmemoraremos a Revolución dos Cravos coa proxección da película “Fados” de Carlos Saura.
O "Maio Persoeiro" comeza o día 7 cun espectáculo de máxia a cargo do Mago Antón. O sábado 14, Fantoches BaJ representará “O asombro de Manuel María”; o día 21, Ibuprofeno Teatro achegaranos a obra “A filla de Woody Allen” e a programación péchase o día 28 de maio con Cándido Pazó e súa adpatación de “Memorias dun neno labrego”.