![cartel-novembro-con-musica-carbalo-2016]()
Volven a Carballo sos sons do
Novembro con Música, un programa que concentra unha oferta musical na que conflúen moitos estilos, dende o folk, o pop, a música coral, a clásica ou a propiamente infantil; e no que teñen cabida tantos grupos afeccionados como profesionais. As formacións musicais de Carballo son tamén as protagonistas das actuacións, xa que durante este mes locen o traballo realizado ao longo do ano e colaboran, a través do convenio musical subscrito polo concello, coa programación cultural do municipio.
O domingo 13 chega a cita En Familia con
Canta o cuco, un concerto de Uxía e Maxín Blanco inspirado no imaxinario de Manuel María e no que se mesturan música, monicreques, teatro, técnicas audioviuais,..