Evento
Cea Solidaria de Egueire
17/dec./2016 a 17/dec./2016
21:00 h a 21:00 h
21:03 18/11/16
Unha das maneiras que teñen as ONGs para financiarse é organizando estas Ceas Solidarias. Vímolo co éxito de APEM, e este vindeiro 17 de setembro a ONG Egueire, que tanto nos achega a realidade de Costa de Marfil á Costa da Morte, fará o propio.
O Hotel Insua de Cee albergará unha Cea, que custará 25€ e que servirá para financiar os proxectos da comprometida entidade. Proxectos tan fermosos como o da formación na nosa bisbarra de dous mozos en agronomía para abrir un centro formación profesional agropecuario no seu país. Proxectos como a construción dunha maternidade en Nadibou (Costa de Marfíl), ou como a colaboración co orfanato “Les amis du sourire”.
Haberá un aforo de 160 persoas así que xa podedes reservar praza, ata o 12 de decembro. Teñen que facer un ingreso de 25€ na conta ES35 2080 0313 9030 4000 5650 indicando o nome e o número de persoas, e gardando o recibo para presentalo o día da cea
Se non podes asistir pero queres apoiar a causa, podes facer unha achega á ONG indicando “Mesa 0”.
Novas relacionadas
- Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país.
- A Costa da Morte vive o sorriso e o ritmo de África.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])