![]()
A Biblioteca Municipal acollerá o xoves 25 unha charla-exposición do fotógrafo naronés Lucas Blanco.
Baixo o título “Obxectivo ELAS”, este freelance con alma de aventureiro achegaranos á
realidade dos campos de refuxiados aos que acode nas súas viaxes para denunciar,
cámara en man, as inxustizas e as desigualdades sociais que día a día sofren milleiros
de persoas en países como Senegal, Arxelia, India ou Ecuador, entre outros. E para
facelo, o autor valerase, como de costume, das súas imaxes e do seu testemuño en
primeira persoa.
A partir das 18:00 horas, unha mostra con algunhas das súas mellores instantáneas
adornarán a Biblioteca Municipal realizando un percorrido físico e sentimental polo día
a día de quen sofre a intolerancia e a desigualdade na súa propia pel. Pero os/as
asistentes tamén terán a oportunidade de escoitar en primeira persoa as súas
vivencias e anécdotas nunha charla-coloquio que ofrecerá coa intención de
sensibilizarnos sobre a necesidade de aprender a coñecer e respectar as diferentes
culturas e costumes.
Nesta ocasión, Lucas Blanco, coautor tamén do libro Corazón Negro xunto á poeta
albaceteña Mar Herrera, estará acompañado pola escritora Amellia de Querol Orozco,
coa que traballou na elaboración do seu último proxecto bibliográfico Silencios, que xa
está a piques de ver a luz. Unha oportunidade única para descubrir de preto outras realidades e lado máis emotivo solidario e emotivo do ser humano.