Evento
Charla histórica en Cee
17/mar./2017 a 17/mar./2017
8:30 h a 9:40 h
Casa da Cultura
09:39 16/03/17
A “Plataforma en defensa do Castelo do Príncipe” organiza unha charla sobre a fortaleza que terá lugar este venres, día 17, ás 20:30 horas na casa da Cultura de Cee. O encargado de impartila é Victor Castiñeira, historiador e técnico de cultura do concello ceense.
Con esta charla preténdese dar a coñecer a importancia cultural do monumento e reivindicar o dereito a acceder ao seu interior, tal e como o indica a lei que regula os Bens de Interése Cultural (5/2016, artigo 48) que obriga ao dono a telo aberto un mínimo de 4 días ao mes.
Precismante, fai uns meses esta plataforma puxo en marcha unha campaña a través da rede que contou con centos de apoios.
Novas relacionadas
- A loita polo Castelo do Príncipe continúa na rede
- Abren unha campaña de firmas para pedir que o castelo da Ameixenda sexa público.
- 2013: Esixen, unha vez máis, a apertura conforme á lei do Castelo de Ameixenda
- 2009: Denuncia pola apertura do Castelo do Príncipe.
- Redacción QPC ([email protected])