mércores. 26.03.2025
El tiempo

Evento

Cine en familia en Laxe

16/maio/2018 a 16/maio/2018
5:00 h a 6:00 h
Cine en familia en Laxe

Son varios os concellos da Costa da Morte os que deron a coñecer a súa programación para o Día das Letras Galegas.

LAXE

No caso de Laxe, o concello extende a programación durante todo o mes de maio. O programa arranca o día 16 cunha sesión de cine en familia que terá lugar ás 17:00 horas no salón de actos municipal. A biblioteca municipal Antón Zapata tamén se une á celebración e a partir do día 18 expoñerá as últimas novidades bibliográficas en galego.

As actividades continúan o sábado, 19 de maio, co espectáculo “Pan con chocolate” que terá lugar no salón de actos municipal a partir das 19:00 horas. A protagonista desta actividade será Mª Victoria Morena, autora homenaxeada no Letras Galegas deste ano. Xa o luns, 21 de maio, a Braña de Soesto acollerá o día do Peñón co II concurso de cociña “A mellor tortilla doce” e coa actuación do grupo Birimbao Folk. A programación remata o último fin de semana de maio (26 e 27 de maio) co XI festival de teatro escolar “Teatrapa” e o VI roteiro teatral.

Comentarios