sábado. 15.03.2025
El tiempo

Evento

Concerto de Entroido en Carballo

24/feb./2017 a 24/feb./2017
10:00 h a 6:00 h
Sala Dublín
Concerto de Entroido en Carballo
“Fomentar a participación de todos os colectivos, crear un ambiente festivo e ofrecer un programa variado para todas as idades” son os principais obxectivos da programación do entroido de Carballo. Así o expresou o concelleiro de Cultura onte durante a presentación do cartel protagonizado por un Spiderman disfrazado de choqueiro que escala na escultura do Peixe e que foi deseñado por Gende Studio. A proposta de actividades foi deseñada polo departamento de Cultura xunto co de Terceira Idade e cunha decena de entidades de todo o municipio o que deu como resultado “un programa interxeracional, variado e moi divertido” que se desenvolverá dende o 21 deste mes ata o 11 de marzo. Ademais do concurso e desfile de comparsas, carrozas e disfraces, no que se repartirán máis de 8.500 euros en premios e que será, polo tanto, o máis importante da contorna, o programa do Entroido de Carballo aposta por potenciar o Enterro da Sardiña, as actividades infantís e para maiores, e a animación de rúa, para a que se contará coas charangas Ruada e Quepasa. A animar o concurso do domingo de Entroido tamén contribuirán, ademais dos premios, o clown Peter Punk, que, como dixo Marcos Trigo na presentación, “é un dos mellores pallasos do momento”. O prazo de inscrición segue aberto ata o día 23. Entroido Carballo 2017
Comentarios