Evento
Concerto de percusión africana
03/dec./2016 a 03/dec./2016
19:00 h a 19:00 h
10:59 09/11/16
Volven a Carballo sos sons do Novembro con Música, un programa que concentra unha oferta musical na que conflúen moitos estilos, dende o folk, o pop, a música coral, a clásica ou a propiamente infantil; e no que teñen cabida tantos grupos afeccionados como profesionais. As formacións musicais de Carballo son tamén as protagonistas das actuacións, xa que durante este mes locen o traballo realizado ao longo do ano e colaboran, a través do convenio musical subscrito polo concello, coa programación cultural do municipio.
O sábado 3 de decembro ás 19:00h, dende Burela chegan as bravas Batuko Tabanka coa súa percusión tradicional de Cabo Verde.