Evento
Concerto en Laxe
15/xul./2016 a 15/xul./2016
23:00 h a 23:00 h
19:37 14/07/16
O bar O Curuxo de Laxe continúa coa súa axenda de eventos durante as fins de semana. No caso deste venres día 15 de xullo, contará co trío Oîma a partir das 23:30 da noite. Trátase dun grupo de recente creación chamado a destacar no panorama musical galego, composto por tres grandes artistas: Olalla Liñares co clarinete, Martiño Senande co acordeón diatónico e Antía Ameixeiras co violín. Esta última, recente fichaxe do recoñecido Luar na Lubre, logo de acompañar a Carlos Núñez na súa xira estadounidense.
O bar O Curuxo anuncia tamén as actuacións dos próximos fins de semana do mes: o próximo venres 22 contará co Dúo de Festa a partir das 23:30, e o domingo 31 terá lugar unha sesión vermú, acompañada coa solista Ruth Cundíns.