![Archivo Adxunto-Banda de musica de Muros]()
Segue funcionando a Sala Nasmo, formando e xerando bandas. Falamos desta volta de
Archivo Adxunto. Esta banda de punk-rock formada por tres membros de 18 anos: Javier Fernández Lariño (batería), Yeray Santana Lestón (baixo e coros) e Adrián Bouzas Caamaño (guitarra e voz) vén de gravar o sue primeiro traballo,
Attachment, integramente producida na Sala Nasmo.
E vaino presentar este sábado 17 de outubro na Casa da Cultura de Muros, a partir das 20:30h. E se queredes ir practicando, xa podedes escoitar aquí ou descargar o disco de balde: